Espazo Comùn demanda do concello que apoie "a familias e Pemes en apuros a facer fronte ao recibo da luz", sería a través dunha convocatoria de axudas.

24, Setembro 2021

"Despois de anos debatendo sobre pobreza enerxética e as súas consecuencias, este ano, tal concepto, adquire máis sentido ca nunca", reflexionan dende o grupo municipal de Espazo Común no concello do Carballiño,e xustificando esta convocatoria de axudas por parte da institución municipal carballiñesa.

Engfaden que "a voracidade das multinacionais do sector, sumada á falla de control, polo menos ata o de agora, por parte das administracións, levou ao prezo da electricidade a convertirse en artigo de luxo".

É por iso que moitas familias e moitos pequenos negocios van ter que sumar esta problemática ás xa moitas sufridas no último par de anos, afirman.

Por medio dunha moción que defenderán ante o pleno da corporación municipal do Carballiño demandarán con esta proposta "que o concello faga un esforzo para darlles un pequeno respiro e que realice a convocatoria dunha liña de axudas directas, rápidas e sinxelas para dar respaldo a estes veciños".