Espazo Común propón ao pleno do concello a reprobación da concelleira de Medio Ambiente Elvira Torres pola xestión no parque municipal

O grupo municipal de Espazo Común deu a coñecer as mocións que defenderá ante o pleno da corporación deste mes de outubro, a celebrar o próximo mércores dia 29, ese mesmo dia, antes da sesión ordinaria celebraráse un pleno extraordinario solicitado a instancias desta mesma formación política na que se pedirá un acordo da corporación para anular o convenio asinado polo alcalde do Carballiño coas empresas promotoras de novos parques eólicos.
Xa na sesión ordinaria, Espazo Común pretende a reprobación da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, do grupo do PP, polos traballos realizados recentemente no parque municipal, que consitiron na tala de árbores e poda de outros, actuacións que defendeu a concellleira en base á urxencia dos mesmos para preservar a seguridade das persoas que visitan o parque municipal carballiñés.
Escoita aquí a Adolfo Nogueira, portavoz de Espazo Común: