Están xa abertas as piscinas do Carballiño, este lúns abren as de Cea e a próxima fin de semana faráno as de Maside

20, Xuño 2020

As piscinas municipais do Carballiño -que inclúen outro ano máis servizo de cafetería e restaurante- están xa abertas dende este sábado 20 de Xuño, baixo un control de aforo para garantir as medidas de separación e seguridade. Para isto, o césped estará delimitado en cuadrículas, co obxectivo de que os usuarios podan dispoñer de espazos acotados coa debida separación para evitar posibles contaxios.

Neste sentido, pídese que as persoas que non formen parte da mesma unidade de convivencia, respecten as normas de separación entre usuarios.

Ainda con este control de aforo, non se prevé que haxa problemas de entradas, pois a cota máxima de usuarios nun só dia en anos anteriores foi de 700 persoas, e o aforo permitido, tendo en conta todas as normas de separación, supera ampliamente os 1.000 usuarios.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8,30 da tarde, de xeito ininterrumpido, durante todos os días da semana.
Os prezos da entrada permanecen invariables con respecto ao pasado ano. Así, para as persoas con idades comprenidas entre os 4 e os 16 anos, o prezo da entrada será de 1,60€. Mentres que para as persoas maiores de 16 anos, o prezo da entrada será de 2,60€.

Na taquilla das piscinas poderanse adquirir tanto as entradas diarias como os bonos de quince usos, trinta usos ou de tempada.
Ao igual que na anterior, os bonos de 15 días e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas.

Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.
O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros.

Este lúns 22 abren as de Cea e a vindeira fin de semana as de Maside.

As piscinas de Cea terán dende a súa apertura este lúns 22 de Xuño horario diario de 3 a 8 da tarde. Este ano o uso estará restrinxido por cuestións de aforo á veciñanza dos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea.

E xa para a vindeira fin de semana, derradeira deste mes de Xuño, o concello de Maside procederá a apertura das piscinas da Rañoa.