"Este verán conéctate coa Praza de Abastos", a nova campaña promocional do mercado carballiñés

11, Agosto 2021

Ata o 22 de Setembro prolongaráse a campaña promocional da Praza de Abastos do Carballiño, que repartirá bos premios entre a súa clientela. 

Coas compras que a partir deste venres dia 13 de agosto, os clientes de calquera dos postos do mercado carballiñés recibirán participacións para un sorteo que terá os seguintes premios: 1 Tablet, 1 funda para tablet, 1 teléfono móbil, 2 pulseiras deportivas, 1 cafeteira, 1 tostadora, unha caixa de viño "Pazo Tizón", 500 euros en vales de compra de 50 euros, 2 circuítos termais no balneario das Caldas de Partovia e 1 fin de semana no "Gran Talaso Hotel de Sanxenxo".