A factoria de Dizmar no Carballiño remata as seccións metálicas para a ponte madrileña de Valdebebas

18, Novembro 2020

Dúas seccións de 160 toneladas e 48 metros, cada unha, das tres que conforman o arco da Ponte de Valdebebas, van camiño de Madrid para completar o viaducto cuxa componente metálica a constrúe o grupo Dizmar na súa pranta do Carballiño.
Trátase dun dos transportes especiais por estrada máis importantes dos realizados dende o polígono industrial do Carballiño por esta empresa, xa que cada transporte ten unha lonxitude de 65 metros e precisa unha semana para chegar ao destino, pois, polas súas características, hai tramos nos que non se superan os 10 km/hora.
O grupo Dizmar, que rematou recentemente, nun tempo récord de 25 dias, a construcción da estrutura metálica do novo Hospital de Pandemias de Madrid, está a piques de concluir outra das grandes obras que realiza na capital de España, como é a “Ponte singular sobre a M12”, un proxecto de inxeñería de Ideam, de 205 metros de lonxitude e 25 metros de ancho.
É un viaducto que conecta o parque de Valdebebas coa nova terminal T4 do aeroporto de Baraxas, A obra está promovido pola Xunta de Compensación do Parque de Valdebebas, e que executa Ferrovial Agromán.
O peso total desta ponte é de 2.000 toneladas, e Dizmar suministra as pezas metálicas distribuídas en 36 seccións, que estiveron saíndo da pranta carballiñesa en transportes especiais por estrada.
Con esta dùas pezas, a cuxa operación de saída asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, tan so resta unha máis para completar este viaducto.
Xunto con esta obra, o grupo Dizmar desenvolve actualmente outros proxectos importantes internacionais, como un viaducto en Ghana (África) e outro en Montevideo (Uruguay), así como unha plataforma de prospección petrolífera en Estados Unidos e o remate dun viaducto en Montreal (Canadá).
Trátase da nova Ponte St. Laurence (Montreal-Canadá), de 3,4 km de lonxitude que inclúe unha ponte atirantada sobre un canal con dous pilonos de 170 m de altura e un tramo central de 240 m.
Asimesmo, entre outros proxectos desenvolvidos nos últimos anos por Dizmar na pranta do polígono industrial do Carballiño, atópanse o viaducto para o tren de alta velocidade sobre o río Ulla e as pezas metálicas do desdobramento da Ponte de Rande, na ría de Vigo.
A pranta de Dizmar do Carballiño conta actualmente cunha plantilla de 200 persoas, e outras 100 máis traballan na montaxe das obras.