"Falando con algún dos concellos da comarca do Carballiño relatáronnos casos de positivos tomando café nunha cafetería onte mesmo", as polémicas declaracións do conselleiro de Sanidade

21, Outubro 2020

As declaracións do conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña na súa comparecencia informativa deste mércores e recollidas por diversos medios de ámbito galego, que apuntaban a positivos en coronavirus tomando café nunha cafetería do Carballiño, provocaron unha avalancha de comentarios no wasap de COPE O Carballiño, a maioria deles expresando estupor ou indignación polo relato feito polo conselleiro.

Tanto o alcalde do Carballiño Franscisco Fumega como o xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, manifestaron a súa sorpresa, asegurando que descoñecían este feito ou a existencia de algunha denuncia sobre os feitos comentandos publicamente polo conselleiro.

O titular de Sanidade de maneira literal dixo "concretamente onte, falando con algún dos concellos da comarca do Carballiño nos relataban casos positivos tomando café nunha cafetería onte mesmo", tras comentar que o importante das medidas restrictivas era o seu cumprimento e que lle constaba que os concellos estaban facendo o posible para que se cumpran.

En realidade, e según pudo saber COPE O Carballiño, o episodio relatado polo conselleiro non aconteceu no Carballiño, senón no cocnello de Boborás, protagonizado por un veciño do Carballiño que se desprazou ata un bar sito nunha localidade de Boborás. Foi denunciado ante a Policia Autonómica, que prodeceu a súa identificación.