Falece aos 61 anos Luis Sobrino, histórico futbolista carballiñés que xogou 13 tempadas no Arenteiro. Tamén formou parte das corporacións municipais do Carballiño e Leiro.

3, Abril 2023

Sen dúbida que Luis Sobrino (O Carballiño 1961) foi un dos fútbolistas carballiñeses que máis anos defendeu a camisesta verde do Arenteiro, fixoo durante 13 tempadas en varias etapas, e ademáis en 3 categorias diferentes,  Preferente Autonómica, Terceira División e Segunda B.

Antes, Sobrino, que comezou a dar as primeiras patadas ao balón no campo do Outeiro de Arcos, o lado da súa vivenda familiar, tivo a súa primeira ficha de futbolista federado co desaparecido "Veracruz". A súa traxectoria como xogador de fútbol profesional levouno a outros clubs como ao Bergantiños en Segunda B e  CD Ourense, co que foi o seu capitán e conseguíu dous ascensos á Segunda División.

Despóis de xogar co Ponte Ourense en terceira división, colgou as botas como xogador de CD Arenteiro. Sobrino tamén participou da política municipal, formando parte das corporacións municipais de Leiro e O Carballiño, en ambas como concelleiro do Partido Popular.

Na foto, o dia no que CD Arenteiro lle tributou unha homenaxe en maio de 2021 con motivo do Arenteiro-Bergantiños, no que o Arenteiro proclamouse campión de terceira división e conseguíu o ascenso á Segunda Federación.