Falece Casimiro Campo, portavoz do Partido Popular de Maside

30, Novembro 2012

Na mañá do venres dia 30 de novembro falecia Casimiro Campo Fernández no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se atopaba ingresado desde fai unhos dias atrás, tras un empeoramento do seu estado de saúde. Tiña 47 anos de idade.

Era na actualidade portavoz do Partido Popular no concello de Maside, tras encabezar a candidatura popular nas últimas dúas eleccións municipais de 2007 e 2011 no municipio de Maside. Anteriormente exercera durante varios mandatos como concelleiro da corporación municipal do concello de Maside, do que foi 1º Tenente Alcalde.

Trala derrota electoral dos populares en 2007, Casimiro Campo  foi elexido para sustituir ao ex-alcalde Benigno Alvarez á cabeza do Partido Popular de Maside.

Os seus restos mortais velanse no local social de Dacón. O Funeral terá lugar o sábado 1 de decembro ás catro menos cuarto da tarde na Igrexa Parroquial de Dacón.