Falece Xosé Benito Siero, párroco do Carballiño entre 1992 e 2020. Con él, celebráronse as primeiras misas en galego no Carballiño, e Cáritas Parroquial tivo un gran impulso.

27, Abril 2024

Xosé Benito Siero, titular da parroquia de San Cibrán do Carballño durante 28 anos, entre 1992 e 2020, ven de falecer aos 87 anos de idade.

O 17 de setembro de 2020 -dia do patrón- aínda en plena pandemia, oficiou a súa ultima misa no Templo da Veracruz, ese mesmo día o concello do Carballiño rendéralle unha homenaxe pola súa entrega durante tantos anos á parroquia do Carballiño e a súa implicación e compromiso coas necesidades sociais da veciñanza carballiñesa, con él Cáritas Parroquial experimentou un gran impulso.

Xosé Benito Siero foi un dos sacerdotes pioneiros na utlilización da lingua galega na litúrxia nas parroquias nas que exerceu o sacerdocio, chegara a O Carballiño con polémica, xa que á algúns feligreses non lles gustaba que o novo cura utilizara a lingua galega nas celebracíóns relixiosas, o que motivara que outros feligreses sairan en apoio do párroco promovendo unha recollida de sinaturas reivindicando a lingua galega nas misas da Veracruz.

No ano 2011, na súa condición de Arcipreste da comarca do Carballiño, tivo unha activa posición en contra do proxecto de incineradora que pretendía instalarse no concello do Irixo.

O funeral polo que foi Párroco e Arcipreste do Carballño terá lugar este lúns dia 29 de abril no Templo da Veracruz, posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar no cemiterio da súa parroquia natal, en Lebosende, no concello de Leiro.