Femuro organiza novas actividades no Carballiño

10, Setembro 2009

A aula “Conectad@s ó Mundo”, da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, sita no Centro Sociocomunitario de Carballiño da remate nesta semana ós cursos de verán impartidos dende o mes de xuño, no que a formación estivo dirixida a introdución en internet, utilización do chupete ou Pen driver e manexo de messenger con video-conferencias para persoas adultas. O acceso libre a aula tanto de adultos como nenas/os cun total de 79 usuarios dende finais de xuño ata a data; foi tamén de utilidade vacacional  por parte de persoas en situación de paso na vila, visitada por persoas de Madrid, Asturias, e Barcelona. A partir do mes de outubro as nenas/os previamente inscritos comezan a formación en horario de 18:00 a 19:00 horas; no caso das/os usuarias/os adultos o comezo dos cursos terá lugar a partir da 2ª semana de outubro, en horarios de maña e tarde para formación orientada e con horarios de acceso libre programados. As actividades de Ludoteca e  Yoga, terán continuidade tendo  no caso de esta última que realizar unha preinscripción durante o mes de setembro.

Para estar o día das actividades tamén  poden acceder o blog: www.blogoteca.com/conectadas