A Festa das Parroquias celebraráse o vindeiro 7 de Xuño en Sta. Uxía de Lobás

29, Maio 2015

A presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Aurora Gómez, entidad que convoca a festa, xunto ca vicepresidenta da asociación de veciños de Santa Uxía de Lobás e o alcalde do Carballiño, presentaron a programación da edición 2015 da Festa das Parroquias do Concello do Carballiño.

O acontecemento festivo do movemento veciñal carballiñés cumplirá  XXIII anos, e celebrararáse este ano  na parroquias de Santa Uxía de Lobás.

O programa comenzará o sábado 6 de xuño, cunha conferencia a cargo Octavio Daparte, membro do colectivo Coas mans na Terra, de Lalin. A conferencia terá lugar no local da asociación de Santa Uxíade Lobás, no lugar de Costoia, as 20:00 horas, e trala charla a directiva da asociación ofrecerá unhos pinchos os asistentes.

Ao día seguinte, o domingo 7 de xuño, as 12:45 terá lugar a recepción de autoridades, e posteriormente concerto da banda de música do Carballiño. . O xantar dará comenzo as 14:00 horas co menú habitual de carne ao caldeiro, empanada, polbo á feira, sobremesa, pan , viño e café. Os interesados en asistir a este xantar xa poden mercar as tarxetas, ao prezo de 15 euros persoa, nas distintas asociacións de veciños do Carballiño.

A festa continuará co campionato de brisca, truco, e subastado, rematando a festa coa entrega do ramo a asociación que organizará a festa do 2016, e a actuación musical.