Fomento adxudicou á empresa Copasa a construcción da base de montaxe e futura estación de mantemento do ave no Irixo, cun orzamento de 14,2 millóns de euros

2, Xuño 2009

A futura base de montaxe  e almacenamento para a instalación da via do ave, e posterior estación de mantemento desta liña do ave, do corredor Norte-Noroeste ubicaráse no Concello do Irixo, ocupando unha superficie de oito hectáreas que se localizan nas inmediacións da actúal estación de ferocarril do Irixo. A obra foi adxudicada á empresa Copasa, cun orzamento de 14.247.398 euros e un prazo de execución de 12 meses. Desde esta base, levaránse a cabo as operación relacionadas co suministrro, abastecemento, transporte e acopio en puntos intermedios dos elementos necesarios para a montaxe da via do ave de ancho internacional no trazado dos 87 kilómentros entre Ourense e Santiago. Unha vez rematada a obra, a base servirá nun futuro para realizar as labores de mantemento da infraestuctura, e que siñificará a creación dunhos quince postos de traballo. O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, considerou -en declaracións a Cope O Carballiño- que tanto esta obra como a posterior base de mantemento representarán un beneficio importante para O Irixo, tanto polo volumen do proxecto e a creación de postos de traballo na zona, tanto directos coma indirectos. Penedo tamén amosou a súa preocupación polo proceso de expropiacións que xa están en marcha e que poderían afectar a varias vivenda na localidade da Reguenga.