As Forzas e Corpos de Seguridade velarán polo control das restricións. Consulta aquí as causas polas que podes sair ou entrar nos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.

14, Outubro 2020

O Centro de Coordenación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado celebraron este mércores dúas reunións nas que se acordou o operativo de control que levarán a cabo dende este xoves dia 15 de Outubro para que se cumpran as restrincións de mobilidade da poboación decretadas pola Xunta para deter o avance do coronavirus nos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo. Garda Civil e Policia Autonómica exercerán o control de forma preferente nos concellos do Irixo e Boborás, e reforzarán a Policia Local do Carballiño neste municipio.

A mobilidade está, ata novo aviso, restrinxida ao perímetro territorial formado polos tres municipios, aínda que poderáse sair ou entrar por motivos xustificados, que poden ser calquera dos seguintes:

Coidado a persoas dependentes

Pódese entrar e saír das tres localidades para o coidado de membros da familia dependentes ou vulnerables como pode ser o caso de persoas maiores, menores ou con discapacidade. 

Sanidade

A saída e entrada está permitida para acudir a centros, servizos ou establecementos sanitarios.

Traballo

Permítese saír ou entrar dos concellos confinados para o cumprimento das obrigacións laborais, profesionais, empresariais ou legais.

Educación

O acceso ou saída dos  tres municipios é posible para a asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

Residencia habitual

Está permitida a entrada ou saída tanto de Boborás, O Irixo e Carballiño para volver ao lugar de residencia habitual.

Bancos, alimentación ou comercio

Permítese o desprazamento a entidades financeiras e de seguros só no caso de que non poidan aprazarse. Da mesma maneira, poderáse sair ou entrar aos concellos con mobilidade reistrinxida para facer unha compra alimentación ou de carácter comercial, sempre que non se dispoña do servizo no concello de residencia.

Trámites coa administracción

Poderase acceder a estes núcleos para actuacións requiridas ou urxentes #ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. Tamén para a renovación de permisos e de documentación oficial, así como outros trámites administrativos non aprazables.

Outras causas

O acceso ou saída dos tres concellos será posible por causa de forza maior, situación de necesidade ou calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente xustificada.