As fosas sépticas de Boborás carecen de mantemento, según denuncia o BNG

24 May 2010
A privatización da rede de abastecemento e saneamento do Concello de Boborás, adxudicada fai unhos anos atrás, implicou un empeoramento na conservación das fosas septicas, repartidas por toda a xeografia municipal, asi o puxo de manifesto a Concelleira e Voceira do BNG, Maria Dolores Cachafeiro. Advertidos desta circustancia por varios veciños, os nacionalistas comprobaron "como as fosas presentan en moitos casos un estado lamentable de abandono, e a moitas delas é dificil incluso chegar, debido a maleza existente nos accesos, o que proba que hai tempo que se abandoaron os traballos de limpeza". Mª Dolores Cachafeiro responsabilizou desta problemática ó Alcalde Cipriano Caamaño, xa que "a empresa á que se lle adxudicou o servizo non cumpre cós compromisos adquiridos, e no Concello en vez de obrigar ó seu cumprimento, apróbanlle a suba das taxas". Tamén recorda a portavoz do BNG como "este servizo fora adxudicado en contra do informe dos técnicos e por cabezonería persoal do Alcalde", aclarando ademáis que as fosas apenas se limparon desde que esta empresa se fixo cargo do servizo, cando nas bases de contratación recollíase que todas as instalacións, captacións de auga, depósitos e fosas sépticas, deberían estar en bó estado.

Comentarios

Non me fio nada do que diga a

Non me fio nada do que diga a Cachafeiro. Cipriano sabrá o que fai. Eu confio nel

Outra consecuencia máis da

Outra consecuencia máis da nefata política ciprianista. Boborás necesita un cámbeo xa. E aínda queda un ano...

Jajaajajajaj!!!!! Un cambio

Jajaajajajaj!!!!! Un cambio para que lado???? porque o BNG coa lumbreira que ten a cabeza....poucas posibilidades ten. En canto o PSOE......que imos decir do "rapaciño"? xa o di todo el só. Si si, efectivamente queda un ano pero moi posiblemente para dar continuidade o proxecto de Cipriano. E unha pregunta? Acaso non pode o señor Alcalde errar? Porque parece que os "outros" son perfectos!

Desde logo o que chama a

Desde logo o que chama a atención de toda esta información é que o alcalde de Boborás tome unha resolución en contra do que aconsellaban os informes técnicos, ¿qué explicación pode haber? será que Cipriaano tamén entende deste tipo de cuestíós técnicas... como entende de todo...