Fumega asegura que "xa o dia 10 enviamos a documentación do SAF e volvimos facélo esta mañá". A Xunta volve incluir hoxe a O Carballiño entre os concellos que aínda non o fixeron

18, Febreiro 2021

O alcalde Francisco Fumega afirmou hoxe en COPE O Carballiño que "recibimos o requerimento o dia 9, ese mesmo dia xa trasladamos a petición á empresa que xestiona o SAF e o dia 10 remitimos a documentación á FEGAMP". O rexedor entende que "debeu haber algún problema informático" e asegurou que esta mañá volveuse remitir esta documentación.

As asevaricións do alcalde do Carballiño chegaban despóis de que a Xunta volvese hoxe incluir a O Carballiño entre a listaxe de concellos -19 en toda Galicia- que non remitiron a documentación solicitada por Sanidade, co persoal do Servizo de Axuda no Fogar "para acelerar o proceso de vacinación", e tamén tras as críticas formuladas polos tres grupos políticos da oposición municipal no concello carballiñés.