Fumega confirma que será o candidato socialista á alcaldia do Carballiño nas municipais de 2015

25, Marzo 2014

O actúal portavoz dos socialistas no concello carballiñés é o primeiro candidato en posicionarse como tal na carreira electoral para as municipais de Maio de 2015.

Foi no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio na que Paco Fumega criticaba con belixerancia a xestión do goberno municipal cando manifestou "a miña premisa fundamental para as eleccións municipais, para as que quedan un ano, é ser o alcalde que vai poñer en valor o público, que todos os servizos públicos teñan o menor coste para os cidadáns do Carballiño". 

Fumega confirmaba desta maneira, que como en 2011, volverá ser cabeza de cartel do PSdG nas eleccións municipais do ano que ven.