Fumega pedirá á Xunta que acompañe as medidas restrictivas con outras económicas para axudar aos sectores máis perxudicados e anuncia a convocatoria doutra liña de axudas por parte do concello.

21, Outubro 2020

O alcalde Fancisco Fumega calificou de "grave" a situación epidemiolóxica do Carballiño e neste contexto afirmou que comparte e apoia todas as medidas que se están adoptando por parte da Xunta de Galicia "as cifras continúan sendo moi preocupantes, e os contaxios están dándose nas familias e grupos de amigos, toca facer piña e coa unidade de todos sairémos desta", proclamou o alcalde nunha intervención en COPE O Carballiño.

Fumega engadíu que será preciso acompañar as medidas restrictivas con outras de carácter económico "por eso vou pedirlle a Xunta que teña en conta esto, son necesarias medidas de apoio porque non parece que a solución vaia ser rápida". O rexedor municipal tamén anunciou que por parte do concello "estamos traballando para sacar unha segunda liña de axudas, mañá abrimos o prazo para que os beneficiarios das primeiras axudas aporten a documentación e poidan cobrar, axilizarémos o máximo o pago, pero estas axudas deben complementarse coas que debe dar a Xunta", subliñou, e destinadas todas elas a axudar aos sectores máis castigados pola crise sanitaria, hostelería e comercio, pequenas empresas e autónomos do Carballiño.

O Partido Popular mostra preocupación

O grupo municipal do PP no concello carballiñés mostrou esta mañá a súa preocupación "ante o retraso das axudas a autónomos e pequenas empresas comprometidas para este ano", aseguran que deberían estar aprobadas antes do 15 de Novembro "e a dia de hoxe ajínda non se abr´jiu o prazo para presentar a documentación". Ademáis, os populares instan ao grupo de goberno socialista a que "recapacite e dea marcha atrás na suba de taxas e impostos aprobada co voto en contra da oposición no último pleno"