Gallego Jorreto pecha o "Ano de Gulías 2019" cunha conferencia sobre a arquitectura termal do arquitécto bearicense e a súa intervención no balneario do Carballiño

15, Decembro 2019

O premio nacional de arquitectúra en 1997 e 2018, o arquitécto carballiñés Manuel Gallego Jorreto será o encargado de pechar o ciclo de conferencias dedicado ao arquitécto bearicense Daniel Vázque Gulías, nun acto que será presentado polo tamén arquitécto, o masidao Óscar Gonfer.

Será este martes 17 de Decembro ás oito da tarde no salón noble do Liceo de Ourense, con entrada pública.

Nesta conferencia, Gallego Jorreto disertará sobre a arquitectura termal de Gullías e a súa intervención no balneario do Carballiño, obra do arquitécto de Beariz. Precisamente, de Gallego Jorreto é o proxecto de reforma e ampliación do balneario carballiñés, tras recibir este encargo en 2015.

Do proxecto trascendeu que incluirá a construcción dunha piscina interior acristalada e tres pozas termais exteriores, asi como instalacións de cafetería e restaurante, todo elo cun investimento superior aos 3 millóns de euros.

Non obstante, e tras varios anuncios feitos dende o concello sobre o que sería inmimente inicio da súa execución, o proxecto parece estar adormecido.