Guia do entroido no Carballiño, Cea, Piñor, O Irixo, Boborás e Maside.

21, Febreiro 2020

Venres 21:

A partir das 12:45 horas desfile de entroido polas rúas de de San Cristovo de Cea do alumnado do cole de Cea.

Pola noite, dende as 23:00 horas en adiante, Festa Vaqueira nos locais da hostalaría carballiñesa.

Sábado 22:

Obradoiro infantil de máscaras na Praza Maior do Carballiño, de 11:30 a 13:30 horas.

Festa-Concurso infantil de disfraces na Praza Maior do Carballiño, con premios para os mellores, dende as 16:30 horas e coa animación do DJ Tibu, e batukada polas rúas do Carballiño.

Saen os Felos de Feás, nesta parroquia do concello de Boborás, a pratir das 16:30 horas en adiante.

Festa do entroido do concello de PIñor, dende as 16:30 horas no centro social de Cotelas, talleres infantís, música e outras actividades para toda a veciñanza.

Presentación e espectáculo sorpresa dos "Picapezas" na Praza Maior de Cea, ás 17 horas, despóis festa infantil de disfraces e dende as 20:30 horas verbena de entroido co grupo musical "Quién lo diría".

Gran desfile de comparsas do concello do Irixo, ás 17 horas, con saída dende o centro de saúde da localidade ata o pavillón de deportes do Irixo.

Verbena de entroido na Praza Maior do Carballiño coa orquestra "Gran Parada", de 20:30 a 21:00 horas e de 23:30 a 01:30 horas.

Domingo 23:

Ás 12:30 horas na Praza Maior do Carballiño, exhibición da Escola Municipal de Danza.

Pola tarde, presentación dos Liborianos, que cantarán as súas coplas ás 19 horas na Praza Maior.

A partir das 18:00 horas Gran Festa do Entroido no concello de Boborás, no pavillón de Deportes, con animación infantil e para todas as idades.

Lúns 24:

Na Praza Maior de Cea, benvida ás carrozas de Parada, ás 16:00 horas.

Gran desfile do entroido do concello de Maside, cos Felos de Garabás e as comparsas da Comarca, dende as 17 horas. Tamén participarán as carrozas do entroido de Parada.

A partir das 19 horas, gran concurso de peñas "A Ruta dos Mil", nos locais de hostalaría do Carballiño, e animación musical coas charangas Doctor Anchoa, Ardores e CLK.

Ás 22 horas, saen os Rodos en Pazos de Arenteiro.

Martes 25

Pola mañá, animación musical polas rúas do Carballiño, co grupo Feitizo de Pau e nova exhibición da Escola Municipal de Danza.

Ás 17 horas, Gran Desfile do Entroido polas rúas do Carballiño, e fin de festa na Praza Maior coa orquestra "La Ocaband".