Hosteleiros do Carballiño, Dacón, San Amaro e Garabás, participan da 2ª Ruta Povarelo

21, Xullo 2021

Medio centenar de establecementos participan ata o próximo dia 1 de Agosto na "2ª Ruta Povarelo da Comarca do Carballiño" na que poderá acompañarse "o noso vermút" con tapas de queixo Palo Santo, que serán ofrecidas gratuítamente. Nesta segunda edición, ademáis dos carballiñeses, incorpóranse hosteleiros de San Amaro, Dacón e Garabás.

Trátase dunha iniciativa promocional do vermút Povarelo elaborado no Carballiño por Destilerías Paniagua, que conta coa colaboración dos hosteleiros e o concello do Carballiño, a ruta foi presentada na Praza da Veracruz por José Manuel Nóvoa en representación da organización e Manolo Dacal, concelleiro de turismo do Carballiño.

Os clientes que se suman á ruta Povarelo poderán participar nun sorteo que terá varios premios, entre eles unha noite de hotel con SPA no Grove, actividades no circuíto Racing Dakart de Sanxenxo ou packs de Povarelo.