Ilusionante victoria do C.D Arenteiro por 2-0 ante A Peroxa

30 Aug 2010
Ambiente en Espiñedo
O incerto novo proxecto do C.D Arenteiro comezaba a tempada con tres puntos e o segundo posto momentáneo na clasificación, pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada do campionato. En canto ó encontro, pouco que resaltar dun partido cativeiro xogado baixo un sol de xustiza. A victoria carballiñesa consolidábase na segunda parte cando Iago conquería o primeiro gol no minuto 67. O definitivo 2-0 sería obra do capitán Marcos Castro no minuto 81, un sobervio gol que finiquitaba un partido no que os de Mindo mandaron de principio a fin e non tiveron excesivos atrancos para doblegar a un debutante A Peroxa certamente limitado. Non moito máis sobrado está tampouco o C.D Arenteiro que terá que mellorar moito para evitar complicacións de cara a salvar a categoría, en todo caso seguimos agardando que poida chegar algunha fichaxe máis nos vindeiros días para seguir sumando.

Comentarios

Club Deportivo Arenteiro, con

Club Deportivo Arenteiro, con esta PATÉTICA Directiva ten os dias contados, xá non soo na Prefernte senón incluso na sua propia supervivencia. ACORDÁDEVOS DISTE COMENTARIO E DO DÍA DE HOXE 05.09.2.010

¿E logo ti quen eres Rappel

¿E logo ti quen eres Rappel ou a bruxa Lola?

Está claro, clarísimo, que

Está claro, clarísimo, que este Arenteiro non é o da tempada pasada, nin o de fai dúas, nin nada de eso... pero hai outra cousa que está tan clara ou máis ca esta, e é que se non remamos todos na mesma dirección.... mal ímos, máis costará e peor equipo será. Así que, se cada un quere por algo da súa parte neste proxecto, tempada, ano, (chamádelle como queirades)... que empece por ter un pouco de confianza cos rapaces, que por riba de todo son VECIÑOS e non foráneos. Deixar de escudarse na mala planificación da directiva e esas cousas que aínda están en dúbida, e arrima-lo cóbado, porque dende a grada TAMÉN SE XOGA! non esquezades eso! Asinado: Un aficionado que sentiu por fin que defenden as súas cores, OS SEUS!

Se se mantén o bloque en dous

Se se mantén o bloque en dous ou tres anos este equipo aspira claramente a cotas máis altas, a ver os dos 16 anos de paciencia como o levan.

o dia que todos estes

o dia que todos estes fenomenos que escriben neste foro collan o club imos de cabeza á Primeira división, claro que falla por ver se teñen os mesmos c....... para iso como para escribir sentencias diante dunha pantalliña de ordeador comodamente sentados nas súas casas.

Aqui hai moito aficionado

Aqui hai moito aficionado irredento do Arenteiro que está desexando que o equipo perda, porque non lle gusta a plantilla, porque lle cae mal a directiva, porque chove no Grove, a verdade é que con xente deste tipo pódese ir a calquer sitio. E agora dirán que son realistas, cando realmente o que queren decir é que son máis listos que ninguén e que eles o farían moito mellor no campo e nas ofcinas. So un nome BOCAZAS.

Serán o mesmo de bocazas que

Serán o mesmo de bocazas que os que defenden a unha directiva que durante 2 anos deixo de pagar a media tempada os xogadores...PAPANATAS

E ti valeroso cabaleiro,

E ti valeroso cabaleiro, defensor da honra do Arenteiro onde car... estabas o dia da Asamblea ¿agachado debaixo dunha pedra?

Pero que día de asamblea nin

Pero que día de asamblea nin que gaitas, o que esté na directiva e porque quere nin máis nin menos, e sinon son competentes a rúa...eu xa voto unha man sendo socio, e si as miñas obligacións familiares e laborais mo permitisen claro que estaría tamén votando unha man na directiva si me quixesen claro...a min ninguén me vai limitar a liberdade de expresión do que pasa no me clube, faltaría máis...

Dicen que el que se pica ajos

Dicen que el que se pica ajos come

o Domingo algún vai a baixar

o Domingo algún vai a baixar da nube de "fuciños" cando o Porriño nos faga outros "oito" coma a tempada pasada en Espiñedo, pero da igual o caso e seguir querendo facernos os socios e afecionados "parvos". Eu son outro mais dos que con esta Directiva (por chamarlle dalgunha maneira) xa pode meter o meu carnet onde lles kepa.

Home se estás seguro xa non

Home se estás seguro xa non vou alá. Asinado: Mindo, Samuel, Chavo, Adrián Caíña, Martín, Kennedy, Iago Casas, Marcos Castro e 17 máis.

¿Eso que é unha premonición

¿Eso que é unha premonición ou un desexo?

Igual todos estes queren q

Igual todos estes queren q volvan Nacho Curras, Xurxo, Fran e cia... Eu prefiro este equipo loitando por salvar a categoria que o equipo dos señoritos de Ourense, Vigo e demáis que sempre van de favoritos pero ao final nada d nada...Moito ánimo rapaces. Temos q comprender q este é un proxecto a medio prazo e si conseguimos q non escapen xogadores en 3 ou 4 anos o equipo pode loitar por cotas maiores. Paciencia por favor.

Paciencia xa a temos dende

Paciencia xa a temos dende hai 16 anos...

mais teñen os do Alcoyano

mais teñen os do Alcoyano

Home iso tamen e verdade,

Home iso tamen e verdade, pero eu para ver todos os anos a mesma historia pois como que paso, xa me dirás un presuposto de 120.000 euros un dos presupostos dos máis altos da categoría para ter un equipo para non baixar, que alguén mo explique,,,

pero de que nos queixamos, se

pero de que nos queixamos, se os directivos estan facendo o normal neste caso. O ano pasado non se foron porque seica puxeron cartos do seu bolsillo e a xente que queria coller o equipo non llos quixo pagar. Solucion, pois seguimos un ano mais cun presuposto de 120000 euros gastamos 60000 e xa recuperamos o que puxemos e ainda podemos ir de copas. Dame a min que o tema deportivo dalles o mesmo, o importante e recuperar os cartos.

A directiva tamén admite

A directiva tamén admite donativos e xa postos creo que están buscando algún adiviño tipo pulpo Paul para ver se atina o número da Lotería do Nadal e por aqui hai uns cuantos, entre os que xa saben a clasificación final, os que coñecen o resultado do domingo en Porriño e os que adiviñan as intencions da directiva o futuro do cefalopodo amigo de Carlos Montes está de capa caída.

Diches no clavo...

Diches no clavo...

Pois eu creo que o que se viu

Pois eu creo que o que se viu foi un equipo novo e con moitas gañas, e polo menos haberia que darlle o beneficio da duda, tanto pola xuventude como polo feito de que por unha vez se apostou pola xente do pobo. Menos mal que gañaron senon.....

Carallo aqui xa largou máis

Carallo aqui xa largou máis xente que na Asamblea, o que hai é moito cobarde, polo menos alí foron tres ou catro socios que deron a cara e demostraron a súa disconformidade coa xestión da directiva pero todos os que escribides aqui sin firmar sodes un atallo de ratas con medo, tirar a pedra e agachar a man. Eu levoo no corazón eu son socio de toda a vida, bla, bla, bla. Pois que sepades qu eu son fundador do clube e xa participei nos primeiros partidos de fútbol que se xogaron no Carballiño, e tamén participei na fundación do Concello e puxen a primeira pedra do Mosteiro de Oseira, así que logo teño máis dereito que vos a rajar, facede algo constructivo e xa que estades tan disgustados co equipo facedevos socios do Ourense, se é que non o sodes xa.

os socios e aficionados que

os socios e aficionados que levamos o C. D. Arenteiro no corazón, que sufrimos ano tras ano os despropósitos de Directivas, pero nunca como esta, presentannos o Domingo un equipo de "segunda" regional. ¿pero a donde vamos con iste equipo sres, Directivos? Vostedes que tanto presumiron de equipo "millonario" que despilfarraron cartos e cartos (como non eran de vostedes) ahora nos queren camelar con catro rapaces que non dan a talla para esta categoria. O meu carnet podédelo romper. Sencillamente NON O MERECEMOS.

Pero da o número de socio

Pero da o número de socio para que poidan rompelo, senon é díficil acertar.

Eu dende logo para ver máis

Eu dende logo para ver máis penas non vou a ir iste ano, unha villa como Carballiño non se merece un equipo tan mediocre, VERGONZA, de quen nos representa, si no teñen nin idea de xestionar un equipo que non manden e deixen a outros.

O que non é de recibo é que

O que non é de recibo é que con 120.000 euros de presuposto presenten esta plantilla, supoño que aínda non estará cerrada, porque senón con esto estamos descendidos en xaneiro, e senón ó tempo.

Eu coido que onte vimos o

Eu coido que onte vimos o último e o penultimo da categoria dame igual o orde...

Polo que vimos onte, a

Polo que vimos onte, a temporada está vista para sentencia, e a sentencia é directos á 1ª autonómica, se non reforzan este equipo, esto está visto, irémos de malleira en malleria.

Madre de Deus que 22 había

Madre de Deus que 22 había onte no campo, estes vanse a provincial cagando leches...así para o ano temos menos gastos co fútbol en provincial, a dedicar os cartos a outras cousas que fai ven máis falta no Carballiño, e non para unhos inútiles que en 16 aqnos cos cartos que se levan gastados nese clube e aínda continuan en preferente

os que queiran ver a Raul,

os que queiran ver a Raul, Guti e Ibrahimovich creo que van ter que moverse algo. Ademáis non sei a que veñen a Espiñedo. Teñen ó Maside e ó Cea cerca que lle empeza agora a liga. E se queren ver figuras mismamente poden ir a Ourense, ou senón a Vigo. Estes rapaces do domingo merecen o mellor. Eu o ano pasado botei máis de 10 partidos sin ver gañar unha vez en Espiñedo, e estes nun partido xa gañaron Pero claro, como todo está moi cambiado os resultados e a vontade non importan, o que importa e que fichen a metrosexuais e que vendan camisetas. Como os que estaban no campo deben ser futbolistas que non son do seu agrado terán que mirar no programa de Ana Rosa Quintana haber a onde acuden o domingo. E por certo, se pensan que viron ó último e ó penúltimo e que non teñen ningunha idea de futbol (supoño que coñecerán perfectamente ós outros 18 equipos claro, seguramente haxa algún guapo que lles encha o ollo jejejeje)

Claro que coñezo os outros

Claro que coñezo os outros senon non falaba

que vas conocer home que vas

que vas conocer home que vas conocer logo viches xogar xa a todos os equipos ou que, esta calado papanatas

Fenómeno no mes de maio

Fenómeno no mes de maio falamos, o tempo pon a cada un no seu lugar, e veremos ti onde quedas...seguriño que igual que o equipo, ou sexa en 1º autonómica...