Inaugúrase, con certa polémica, a Escola Infantil, no Colexio Calvo Sotelo

24 Jul 2009
Escola Infantil

Apertura da Escola Infantil no colexio Calvo Sotelo

(Redacción. Belén González) Esta mañá a conselleira de traballo e benestar, Beatriz Mato inaugurou en presenza do alcalde Carlos Montes, do Presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Martínez, e de Rogelio Martínez, Delegado Territorial da Xunta en Ourense a Escola Infantil no colexio Calvo Sotelo, unha inauguración na que non se fixo ningunha referencia ós promotores deste novo servizo, os antigos rectores do Consorcio e da Ex-Vicepresidencia de Anxo Quintana, o que molestou ós represntantes do BNG local, presentes neste acto..  Este proxecto sufriu un retraso dende que se producíu o cámbeo de goberno autonómico. O Bloque Nacionalista Galego foi acusado de "adoctrinamento" debido a implantación do galego como único idioma no centro infantil. O voceiro do BNG, Manuel Amil, explicou este feito e manifestou que en "ningún caso estaba previsto adoctrinar ós nenos e as nenas, porque é absurdo a nenos de meses adoctrinalos". Tamén declarou que "a xente debe ser consciente que as primeiras pedras que nas puxo foi o BNG a través da vicepresidencia que foi a impulsora deste proxecto."

Comentarios

Enhoraboa ós do PP e o Psoe

Enhoraboa ós do PP e o Psoe que xa teñen a súa "escola infanitl" xa que o nome de "galescola " seica lle causaba repelús, en especial ó señor Montes. Non sei de que te sorprendes Amil e... ¿aínda ides pactar con estos? creo que xa debiades estar escarmentados, experiencias xa tendes algunha. Por certo, la "fiesta de los mayores" de este año sí que fué un éxito y no las de la Vicepresidencia del Chema (Montes dixit). A ver se espabilades e facedes algo que cámbee o rumbo do Carballiño, con valentía e decisión, e non perpetue un tempo que xa debería ser caduco.

O BLOQUE QUE SE MENTALICE

O BLOQUE QUE SE MENTALICE POIS ESTA NA OPOSICIÓN QUE SEU LUGAR NATURAL. FORA BIPARTITOS. ROXELIO