Irlanda do Norte, Chile, Xeorxia, Arxentina, Filipinas e Ucraína, protagonizan este sábado na Praza da Veracruz o festival de música e danza das Xornadas de Folclóre

A cita das Xornadas de Folclore no Carballiño incluirá ás actuacións dos seis agrupacións participantes nesta edición.
Deste xeito, aos espectáculos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, súmanse os dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína.
O público do Carballiño e comarca poderá desfrutar da oferta completa das XL Xornadas de Folclore mañá, a partir das 22,30 horas. O escenario escollido polo Concello é a Praza da Veracruz.
O público coñecerá a tradición, música e cultura dos seis países a través das actuacións de Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile), Phicas of BC (Filipinas), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore “TSMU” (Xeorxia). As seis agrupacións contan cunha longa traxectoria enriba dos escenarios, da que darán boa conta no festival deste sábado dia 16 de agosto.