Leve repunte de contaxios na Comarca: O Carballiño rexistra 7 casos, e o covid volve entrar nos concellos de Boborás, O Irixo e San Amaro

15, Maio 2021

Despois de varias semanas cunha incidencia en mínimos, con apenas 3 casos activos no Carballiño e cos 8 concellos restantes da comarca libres de virus, o certo é que chegamos á fin de semana con tendencia ascendente e con 4 concellos nos que o virus volve estar presente.

Según a última actualización de Sanidade correspondente ao sábado 15 de Maio, O Carballiño suma 7 contaxios activos, mentres que os concellos de Boborás, O Irixo e San Amaro notifican un contaxio activo, respectivamente. O resto de municipios seguen limpos de covid.

No Ribeiro, Ribadavia chega a 9 casos activos e Cortegada continúa con 1, os demáis municipios non rexistran contaxios activos.