Localizan morto a un veciño de Avión cando realizaba unha queima forestal nun monte da súa propiedade, na parroquia de Nieva.

11, Abril 2024

O corpo do home, xa falecido, foi localizado polos bombeiros do distrito forestal, durante os traballos de extinción dun pequeno incendio forestal na parroquia de Nieva, no concello de Avión.

Os efectivos do distrito forestal encontráno morto sobre as seis da tarde deste xoves, comunicandolle de inmediato á Garda Civil. Unha vez identificado o cadáver, comprobouse que o mesmo correspóndese cun veciño do lugar que realizaba unha queima forestal, para a que contaba coa preceptiva autorización adminstrativa, nunha parcela da súa propiedade.

A Policia Xudicial abríu unha investigación para determinar as circustancias e causas da morte deste home.