Magosto infantil na Insua dos Poetas, Dar Trela Cabaret, cine, música, patinaxe artística, e o "Videa Fest", na axenda comarcal da fin de semana.

24, Novembro 2023

MAGOSTO DOS NENOS E NENAS, na Insua dos Poetas, festa tradicional para toda a familia e con especial protagonismo para os cativos e rapaces, que poderán gozar dunha tarde de xogos, música, sorteos de lotes de libros, castañas asadas, bolos preñados e outras larpeiradas, e todo elo nun entorno único na comarca como é o parque cultural e natural ubicado na inmediacións da Esgueva-Madarnás. Domingo 26 a partir das 16:30 horas. Gratuíto.

DAR TRELA .  A agrupación teatral carballiñesa estrea novo espectáculo "Cabaret Dar Trela", unha creación colectiva dirixida por Fernando González. No auditorio do Carballiño, sábado 25 ás 20:30 e domingo 26 ás 19:00 horas. Entrada 5 euros.

CINE. O Novocine de Leiro estrea "Napoleón", do vernes 24 ao domingo 26 en pases diarios ás 17:00 e as 20:00 horas.

MUSICA. A Banda de Música de Boborás celebra a festividade da patrona da música Sta Cecía, cun concerto este sábado 25 ás 20:30 horas. Igrexa parroquial de Moldes.

TEATRO MUSICAL "A fada que non sabía ser fada" con Trémola Teatro, o sábado 25 ás 17:00 horas no Centro Social da Albarona, organizado polo concello de Piñor.

VIDEA FEST 2013. Un festival cultural que marida gastronomía, cultura, arte música e sendeirismo, e tendo como protagonista ao pintor Xosé Vilamoure. Sábado 25 en Vilamoure (Punxín) Toda a información en podes encontrala en http://www.videafest.com/

TROFEO VILA DO CARBALLIÑO DE PATINAXE. O Club Aehde reúne no Paco Chao a 154 patinadoras da modalidade libre de toda Galicia. Sábado 25, de 9:00 a 21:00 horas.