Manita do Arenteiro ó Sp. Celanova en Espiñedo

14 Mar 2010
Nin Arenteiro nin Celanova foron capaces de alterar o marcador nos primeiros 45 minutos de partido, aínda que as mellores oportunidades foron para os celanovenses. Neste periodo, a única xogada na que o Arenteiro levou perigo foi por medio de Martín, ó que o meta visitante derrubou fora da área grande e impedíu que prosperase a xogada. O dianteiro carballiñés era o último xogador e ademáis cortabase unha manifesta ocasión de gol, polo que o gardameta celanovense tiña que haber sido expulsado. O árbitro, que incialmente non pitara nada e rectificou despois a instancias do linier, perdonoulle a vermella e ensinou a amarela. Curiosamente, e cando xa pitara o final da primeira parte, o árbitro deixaría o Celanova con dez , ó expulsar a un dos xogadores por protestar. Xa na reaunudación, os celanovenses borraronse do partido, e o Arenteiro aprobeitou tres regalos consecutivos da defensa forasteira para. en apenas dez minutos, sentenciar o partido. Primeiro foi Nacho Currás, que cabeceou a placer á saída dun corner. O segundo de Nicol, tras recoller un balón cedido pola propìa defensa do Celanova, e o pouco tempo, Nacho Currás, noutro corner e outra vez sen marca,  dentro da área pequena sen que ningúen lle estorbase. O Arenteiro, que atá entón estaba ofrecendo outra tarde de sopor en Espiñedo, resolvia o partido no primeiro cuarto de hora desta segunda parte. Logo, chegarían aínda os outros dous goles, obra de Martín e Oliveira, para completar a manita a este inofensivo Celanova, que moito terá que mellorar en defensa se quere manter a categoria.

Comentarios

Si,si a culpa e dos xogadores

Si,si a culpa e dos xogadores que son uns jetas......ja,ja,ja,....unha das maiores virtudes que teñen as persoas é recoñecer a súa propia ignorancia (xa que non todos sabemos de todo....oxalá...o mundo funcionaría perfecto) e descoñecimento para evitar facer comentarios lamentables e fora de lugar. Os xogadores o que queren é que se cumpla o que acordaron con eles o principio de temporada,sen mais,ben sexa en Verín,en Carballiño ou en Partovia....unha cousa complicadísima de entender para algúns....medo me dan...espero que ningún sexa empresario,que contrate a un traballador, que lle diga que vai cobrar X euros e que os 5 meses lle diga:..."tes que seguir traballando comigo porque esta empresa e moi entrañable pero non hai un peso e non vas cobrar mais"....pois digo eu que ese traballador diralle o seu xefe:...."amigo,caesme moi ben e sempre te recordarei con afecto pero o meu tempo e dedicación ten un prezo"....Algúns dirán que esto do fútbol afeccionado non é igual que un traballo, que todos teñen un soldo a parte (cousa que non é certa, hai xente no paro ou estudantes), que somos uns jetas, pois ben, realmente o xogador si que fai o que lle gusta pero ninguén pensa en que,o mellor, o único día da semana que teñen de lecer ponse a camiseta dun clube e vai recibir ostias por un tubo (porque futbol en Preferente hai pouco en calquer campo do país,aínda que en Espiñedo non o crean) e que o luns pola maña case non se da levantado da cama, que ten meirande parte dos días festivos ou ocupados ou condicionados pola competición,engadindo a esto a "pequena e sen importancia circustancia" que todos teñen familia (ben sexan pais,mozas,mulleres e fillos) aos que non lles ten porque gustar o fútbol e que o xogador renuncia a eles durante unha parte moi inportande da semana.......pero claro.....hai algúns que chegan o domingo sentase en Espiñedo e parece que ven a 11 ladróns que se levan os cartos de Carballiño por que viñeron con unha pistola na man e obrigaron a directiva a que lles dese X diñeiro.Os xogadores tamén deben aceptar as críticas cando non gañan e tratar de dalo todo cada domingo e en cada adestramento como se está a tentando estes anos. Mais nada, penso que a miña opnión e moi obxectiva e matinada e revélome en contra daqueles que só ven a palla no ollo alleo e non ven a torada no seu propio.

si señor tés toda a razón,

si señor tés toda a razón, istes (a Directiva co Adolfo a cabeza) non teñen palabra, prometen e despois non cumplen ¿por certo quen é o presidente?¿onde anda? isto e un desvaraxuste total, o que tendes que facer os xogadores e plantarse, que xoguen eles. DIRECTIVA DIMISIONNNNNN

esto é vergonzoso, ¿qué

esto é vergonzoso, ¿qué xogadores van querer vir o Arenteiro? ¿que imaxen están dando os Adolfos and compani? ¿como os politicos poden apoiar con subvencións ? pero ¿que pasa cos socios? é que a nós non se nos vai a convocar para explicar o que esta a pasar con C.D. Arenteiro, o ano pasado non pagaron iste tampouco e eles tan panchos .TEÑEN VERGOÑA, DIMISIONSSSSSSXAAAAAAAAAAAAA......

Esto é vergonzoso, como pode

Esto é vergonzoso, como pode ser que pase por segundo ano consecutivo a mesma historia...sencillamente lamentable

directiva, non vos

directiva, non vos embarrquedes, xuvenis parariba e alguns jetas a cobrar a Verin.