Mantéñense estables os tres brotes de coronavirus activos nas comarcas do Carballiño-Ribeiro, que suman 11 casos en total

12, Agosto 2020

Sanidade confirma que se manteñen estables os tres brotes de coronavirus  que se declaron no ámbito comarcal, e que suman en total  once persoas persoas afectadas, cando según a última actualización de datos oficiais son 54 casos activos en toda a provincia de Ourense.

Os tres brotes localízanse nos concellos do Carballiño (4 casos) Beariz (4 casos) e Avión (3 casos), e parecen estabilizarse toda vez que as probas PCR realizadas nos entornos das once persoas infectadas deron resultado negativo en todos os casos..