Milladoiro, concerto estelar este sábado 10 no Festival Céltico do Irixo, que completa as actuacións de Leirabuxo e Uxía Lambona e a Banda Molona

9, Setembro 2022

A pasada fin de semana foi no Concello de San Amaro, e chega agora o protagonismo deste 1º Festival Céltico ao concello do Irixo, con 3 concertos entre o venres e o domingo, que terán lugar na Praza do Concello, os 3 gratuítos, e dentro deste programa organizado conxuntamente por ambos concellos coa colaboración da Deputación de Ourense.

Abre o programa no Irixo o venres dia 9 ás 22:00 horas coa agrupación Leirabuxo. O sábado 10 tamén ás 22:00 horas actuará o mítico grupo do folc galego Milladoiro. E xa finalmente, o domingo 11 ás 19:00 horas o público infantil gozará coas cancións de Uxía Lambona e a Banda Molona.