A moda do Arenteiro deixa outro record: por vez primeira na historia da administración de lotarias do Carballiño despacha un número completo para o nadal, o 57039 vendido polo club, esgotado a un mes do sorteo.

21, Novembro 2022

Todo o "fenómeno" que rodea nas últimas semanas ao Club Deportivo Arenteiro, a marxe do ámbito deportivo, está deixándonos detalles que non pasan desapercibidos e que nunca antes aconteceran no Carballiño, como o feito de que a administración de lotarias da localidade despachase por vez primeira na súa historia un número completo para a tradicional lotaría do nadal, as súas 180 séries, e o máis sorpredente aínda, a un mes vista da celebración do sorteo que será o 22 de decembro.

O pasado mércores dia 16, tras saberse que no sorteo da segunda ronda da Copa do Rei ao Arenteiro tocáralle o "gordo" dese sorteo, o Club Atlético de Madrid, que terá que xogar en espiñedo o 22 de decembro, a demanda do 57039, o número vendido polo club, disparouse de tal maneira que os décimos quedaron esgotados esta pasada fin de semana. 

En COPE O Carballiño, a xerente de Lotarias Prada confirmou que "é a primeira vez que nos sucede algo asi, falei con meu pai e tampouco él recorda tal cousa, nunca antes vendimos un número completo, levamos dias de auténtica locura de xente que ven de fora a buscar este número, incluso recibimos chamadas de México para facerse con lotaría do Arenteiro". Ana Prada botou man da calculadora para comentar que no caso de tocar o gordo no número do Arenteiro a sorte repartiría 720 millóns de euros no Carballiño.