Música en Cea, cine en Boborás e Leiro, e velada literaria e musical no Carballiño, na axenda da fin de semana

16, Xullo 2021

A Unión Musical da Limia en Cea

Esta agrupación musical ofrece un concerto ofrece un concerto versionando temas pop-rock da historia da música ás 20 horas deste sábado na Praza Maior de Cea, unha actuación que forma parte do progrma da Rede de Auditorios da Deputacion de Ourense. Gratuíto.

Autocine en Boborás

O campo de fútbol de Boborás acollerá a proxección en pantalla grande da película "Padre No Hay Más que Uno", de Santiago Segura. Gratuíto, sábado ás 22:30 horas.

Cine en Leiro

O novo Cine de Leiro proxecta durantes estes dias dúas películas: "Spirit Indomable" en sesión ás 16 horas, e "Operación Camarón" ás 18,15 e 20:30 horas.

Literatura e Música no Carballiño

A escritora Raquel Piñeiro presenta a súa novela "Albania" acompañada coa música en vivo do grupo Guezos e do gaiteiro Isidro Vidal. Gratuíto, o sábado ás 20 horas no auditorio da Praza da Veracruz.

Percusionistas ODAIKO

Concerto dos percusionistas ODAIKO familiar, un espectáculo para todos os públicos. Gratúito, o domingo 18 ás 20 horas na Praza da Veracruz.