Naufraxio de Montes cos orzamentos : A oposición fai valer a súa maioria no pleno e rexeita tanto a RPT como os orzamentos para o 2009

14, Maio 2009

Se o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, cumple a súa palabra, someteráse a unha cuestión de confianza ante o Pleno da Corporación Municipal. Se a supera,  os orzamentos quedarán automáticamente aprobados, en caso contrario cesará como Alcalde e a Corporación terá un mes de prazo para presentar un novo candidato á Alcaldia do Carballiño e procederáse a convocatoria do Pleno para a votación que elixirá o novo Alcalde. Se transcurrido este periodo a maioria da Corporación non presenta Candidato, Montes recuperaría entón a Alcaldia e tamén neste caso, os orzamentos daríanse por aprobados. Previo ó debate e votación sobre os orzamentos, os dous grupos da oposición xa rexeitaran a Relación de postos de traballo -RPT- maila os esforzos do concelleiro de persoal José Antonio Barge por mostrarse dialogante, aínda que ben é certo que Carlos Montes  matizaba neste punto que estaría aberto a unha mesa de negociación coa condición de que  fose para tratar asuntos colectivos do persoal e nunca casos individuais, argumentos que non convenceron a ningún dos dous grupos da oposición.

Xa en canto o debate orzamentario, o Alcalde Carlos Montes,  na súa primeira exposición xustificou a rebaixa de maís dun millón de euros neste proxecto de presupostos en relación os do ano pasado, debido ó descenso no imposto de construccións , intalacións e obras -icio- e na reducción nas transferencias do Estado. No apartado de gastos, Montes  defendeu o aumento no capítulo de persoal  en base o incremento do dous por cento por imperativo legal, ainda que en realidade o gasto en persoal sube varios puntos máis. Tamén deixou sen resposta a pregunta da oposición sobre o aumento da súa nómina de Alcalde, cando había un acordo plenario para conxelar os soldos e dietas dos cargos políticos no Concello Carballiñés. Aúrea Francisco, portavoz do Bng, preguntouse como é posible que se aumente o gasto de persoal en nove puntos porcentuais nestes orzamentos en relación os do ano pasado.

O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, manifestou a pouca fialbilidade que lle merece o Alcalde e este grupo de goberno, anunciando o seu voto negativo e criticando o feito de que non se contase co seu grupo para unha posible negocaciación, agora que o PP obstenta o goberno da Xunta de Galicia. Pola sua banda, Aúrea Francisco calificou éstes como "os orzamentos de Macondo" porque "as obras proxectadas no capítulo de investimentos repetíanse ano tras ano sen ser executadas e poñendo énfase no posible recoñecemento extraxudicial das debédas do Concello.

Finalmente, o bng votou en contra, ainda que manifestando que "estamos dispostos a seguir dialogando pero non a ser cómplices de políticas erráticas, sempre e cando falemos en pé de igualdade e poñamos enriba da mesa os intereses do Carballiño". Abrese pois, unha etapa de incertidume na vida municipal carballiñesa. A pelota está no tellado de Carlos Montes, ou se pón a negociar en serio co Bng ou presenta a cuestión de confianza que anunciou. Tamén cabe a posiblilidade de que o órdago lanzado por Montes se quede nunhos orzamentos prorrogados indefinidamente.