A nevarada chega aos 10 cm. na parte da alta da parroquia de Oseira. Tamén nevou nas zonas altas de Piñor, O Irixo, Boborás, Beariz e Avión.

18, Xaneiro 2023

Neveu nas últimas horas deste mércores 18 de xaneiro nunha boa parte da xeografía comarcal, onde máis na zona máis alta da parroquia de Oseira, na que varias localidades estiveron durante horas incomunicadas por estrada ata que as máquinas quitaneves deixaron transitables os accesos a Confurco, A Cabana, Arenteiriño, O Gamoal ou Pobadura, onde a veciñanza tivo que quedarse nas casas esta mañá. Nesta zona chegou a acumularse ata 10 centímetros de neve.

A nevarada tamén foi protagonista esta xornada en numerosas localides dos concellos de San Cristovo de Cea, PIñor, O Irixo, Boborás, Beariz e Avión. A neve difuculta bastante a circulación de vehículos aínda que todas as estradas permanecen transitables, recoméndase en todo caso máxima precaución.

Na foto de José Dalama, a igrexa de Confurco, na parroquia de Oseira, na zona da nosa comarca onde a nevarada foi máis intensa.