Ningunha empresa optou a facerse coa concesión do servizo municipal de auga, que a partir de agora xestionará directamente o concello

10, Xaneiro 2014

O concurso de licitación convocado polo concello de Punxín queda deserto ao non presentarse licitadores interesados en facerse coa adxudicación do servizo. O alcalde anuncia que non haberá nova convocatoria e será, polo tanto, o concello quen se fará cargo da xestión do servizo.

A comisión da auga, que promovera unha Iniciativa Popular que acadara o apoio de preto do sesenta por cento da poboación total do municipio, anunciou esta mañá por medio do seu portavoz Joaquín Moldes, que a Iniciativa será retirada, unha vez coñecida a decisión municipal.

A Iniciativa Popular, que sería a primeira en presentarse no ámbito comarcal, demandaba que se anulase o concurso de licitación e fose o concello quen se fixera cargo da xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento no municipio de Punxín, como finalmente vai ser, según o anuncio do rexedor municipal, Manuel Vázquez.