Normalidade e rúas baleiras no Carballiño no primeiro dia de estado de alarma: consulta aquí todo o que podes e non podes facer.

15, Marzo 2020

O primeiro dia do estado de alarma desenvolveuse con total normalidade no Carballiño, e con moi poucas persoas nas rúas, a maioria delas para achegarse aos establecementos autorizados que permanecían abertos, como a Farmacía Fontaíñas, que está de garda, quioscos, e os establecementos de alimentación, pequenas tendas, panaderías e confiterías que abren habitualmente todos os domingos.

Esta situación inédita tamén se vivíu con normalidade en todos os concellos da comarca, no ámbito rural, onde o peche das igrexas parroquiais deixou sen o habitúal movemento unha mañá de domingo.

Coa declaración do estado de alarma en España, desde a noite do sábado 14 de marzo todos os cidadáns están obrigados a permanecer nas súas casas e non saír salvo por necesidades básicas.

Esta decisión, consecuencia da aprobación do estado de alarma, acórdase para un período de 15 días prorrogable, durante os cales o Goberno asume o control de todas as actuacións que sexa necesario tomar para frear a expansión do Covid-19. As Forzas de Seguridade do Estado e tamén a Forzas Armadas, se fose necesario, serán as encargadas de que se cumpra.

Pero, que podes e que non podes facer tras esta declaración? Segundo publicou o Boletín Oficial do Estado (BOE) durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades:

a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual.

e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

h) Calquera outra actividade de análoga natureza que haberá de facerse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada.

Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo. En todo caso, a continuación, tratamos de aclarar algunhas posibles dúbidas:

Podo saír a facer deporte?

Non, o decreto do Goberno non che permite saír a facer deporte. Non é un dos supostos permitidos.

E levar aos nenos ao parque?

Ademais de que os parques do Carballiño están pechados ao público, é algo que tampouco prevé o decreto. Tes que quedarte na casa.

Podo sacar a pasear ao meu can?

Si, mantendo as distancias e medidas de protección e seguridade. Sacar á rúa aos animais domésticos é unha das excepcións á restrición de uso do espazo público. Iso si, desde o Goberno instan a “utilizar o sentido común”, sacar a pasear ás mascotas de forma individual e que isto non se utilice como unha forma de paseo.

Que é o que estará aberto?

Alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade Establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas e produtos ortopédicos Produtos hixiénicos Perruquerías. Prensa e papelería Combustible para a automoción Estancos Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións Alimentos para animais de compañía Comercio por internet, telefónico ou correspondencia Tinturerías e lavanderías.

Con quen podo quedar?

Tecnicamente, non podes visitar a ninguén salvo que se trate dunha persoa dependente que estea ao teu cargo. Pola contra, aproveita as novas tecnoloxías, as videochamadas, o teléfono e ata os memes de Whatsapp.