O Alcalde de Avión fai un chamamento á prudencia e a tranquilidade pola problemática sanitaria en México

27, Abril 2009

Antonio Montero

O Alcalde de Avión, Antonio Montero confirmou na "Mañá de Cope O Carballiño" que son varios os veciños deste Concello que están pendientes de viaxar a México en datas próximas e que por motivos tanto personais como profesionais é moi complicado que poidan anular estas viaxes, malia as preocupantes informacións sobre a situación sanitaria no país Mexicano derivada do brote de gripe porcina. Os casos de persoas mortas naquél país xa se elevan ás cento cincuenta  e as persoas que están en observación xa ascenden a máis de dúas mil. Montero subliñou que tanto as informacións que chegan vía telefónica como a través dos medios de comunicación son altamente preocupantes, a unhas semanas vista do tradicional trasvase de emigrantes que cada ano chegan os Concellos de Avión, e a outros coma Beariz ou Boborás, aínda que confía o rexidor municipal que para esas datas esta problemática estea controlada. O Alcalde de Avión tamén fixo un chamamento á prucencia, evitando alarmismos innecesarios e aconsellou ós veciños que vaian a viaxar a México para que adopten as medidas de prevención e control recomendadas polas autoridades sanitarias.

No ámbito do Estado Español, son xa 26 os casos de pacientes que permanecen en observación, sospeitos de ter adquirida a enfirmidade, despois de recentes viaxes a México, ainda que atá o de agora só ún deses casos está confirmado como positivo. En Galicia apareceu xa un primeiro e posible caso de infección por este virus na localidade pontevedresa de Mos. A ministra de Sanidade e política social, Trinidad Jimenez, recomendou esta mañá  aplazar as viaxes a México ás persoas que tiñan previsto esta desplazamento, non sendo por unha causa de "forza maior".

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Intervención de Antonio Montero alcalde Avión a Cope O Carballiño