O Alcalde de Cea anima á hostelería e ós negocios da vila "a poñerse o dia" para atender mellor ós peregrinos

1, Xuño 2009

Non é a primeira vez que  os usuarios do albergue de peregrinos de Cea manifestan os responsables municipais a súa queixa polas carencias que presenta a vila de Cea en canto a certos servizos de carácter privado, tales como establecementos de hostelería e alimentación, que inician a súa actividade a unha hora da mañá bastante avanzada, de tal maneira que os peregrinos vense obrigados a retrasar a súa saída ou ben a reiniciar o camiño sen poder facer as súas compras ou tomar un simple café. O Alcalde de San Cristobo de Cea, José Luis Valladares,  aproveitou unha intervención no programa "A Mañá de Cope" para "facer un chamamento os hosteleiros e negocios para que traten de poñerse o dia e atender a xente como teñen que atender".

Valladares comentou como "desde fai dous meses temos o albergue practicamente cheo" pero "pídolle un esforzo á xente de Cea", un chamamento que trasladou máis particularmente "ós propietarios de tendas e tabernas" para que Cea "estea a altura das circustancias". E  é que se o ritmo de camiñantes non deixou de medrar durante os úttimos anos, o Alcalde de Cea prevé que durante o 2010, que será ano xacobeo, se pulverizen todos os rexistros, polo que "haberá que estar preparados". Precisamente, durante os últimos operarios municipais e da Deputación Provincial realizaron traballos de acondicinamento do tramo deste camiño da rota da plata entre as localidades de Casasnovas e a vila de Cea, que estaba en bastante mal estado, e próximamente acometeráse esta mesma actuación noutros treitos do camiño entre Cea e Oseira.