O Alcalde de Leiro presenta ó Presidente da Xunta o proxecto do "museo dos sentidos do viño"

25 Feb 2010
Alcalde de Leiro
O Concello de Leiro quere que as Consellerias de Cultura e Medio Rural se impliquen conxuntamente no  "museo dos sentidos do viño", un proxecto arredor da cultura e o mundo do viño que se ubicaría no anexo do Mosteiro de San Clodio, no que son as ruínas existentes na parte dereita da entrada principal do Mosteiro. O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, trasaladou esta idea o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co que se reuníu no seu despacho de San Caetano. No transcurso deste contacto institucional entre ambos,  o rexidor municpal de Leiro tamén recabou do mandatario galego o seu apoio para a recuperación das pinturas murais de san Clodio, e a rehabilitación do capela de San Pedro, sita na zona vella da vila de Leiro. O Alcalde de Leiro, manifestou en Cope O Carballiño que "foi unha entrevista moi cordial, e espero que moi proveitosa para levar a cabo os proxectos que tiven ocasión de expoñerlle, e estou seguro que vai ser asi porque o Presidente da Xunta sempre foi moi receptivo co Concello de Leiro". Fernández, tamén aproveitou esta visita a Santiago de Compostela para realizar xestións ante a Secretaría Xeral de Medios, e coa finalidade de solventar as deficiencias que se rexistran na implantación da TDT no ámbito municipal do Concello de Leiro.

Comentarios

Mira Alcaldiño de Leiro,

Mira Alcaldiño de Leiro, dedicate a outra cousa que o teu non e a politica, que para o unico que serves e para levar os veciños os xulgados , e iso do Museo e cara a galeria, xa que vas a facer o mesmo que o Camping e o Balneario de Beran, que grazas as tuas xestións a si nos vai a todos/as veciñas de Leiro, coma a Praza da Chatarra de Leiro casi 300.000 € e avendo veciños que non teñen acceso a sua vivenda, e con respeto o TDT, iste señor por chamarlle algo, non tivo as suficientes agallas para enfrentarse aun veciño que e o que corta o acceso a antena de retromisión do TDT, e grazas as boas xestións do Alcalde co Presidente da Xunta os veciños de Leiro, non poden ver a television dixital, porque e un acojonado, ademáis de ter que facer frente o Concello a gasto innecesario para instalar outra antena. Gracias Paquiño eres un fenomeno, vaite para Cortegada que e onde tiñas que estar. Dimite xa, vaite de Leiro, que estás matando o Pobo lentamente, estamos agonizando cada día.

Si queres dormir hai un

Si queres dormir hai un hostal as aforas que aínda debe funcionar, porque no monasterio valo ter complicado, pasa a maioría do ano pechado, eso si, contestanche que non teñen habitacións aínda que chegues alí e este valeiro. Bueno, tamén están as casas Rurales de Viña Mein, esas si que funcionan. Si o múseo lle pasa coma o monasterio, para facer uso del haberá que ir co alcalde ou alguén da xunta xa que costa moitos cartos telo aberto sen haber movemento económico. Hasta penso que o desinterese polo Balneario de Berán tamen ten que ver coa xestión municipal sobre os distintos negocios nos que interviu. Non hai un que salga ben.

Leiro un museo. Esta ben que

Leiro un museo. Esta ben que se fagan cousas no pobo de Leiro. Por fin se diron de conta de que no concello hay unhos viños de relevancia e se traballa algo nesa liña. E máis, o goberno municipal pode convertir Leiro enteiro nun museo, por que alí non se move niguen, ao igual ca nun museo clásico, todo é inmovilidade. Da pena ver o pobo valeiro de xente. Eu diría que pola seman hai máis coches aparcados nas rúas ca persoas vivindo. Creo que é igual que siga a política da subvención a fondo perdido, mentres non se cambien os hábitos educacionáis básicos dos nosos políticos, a xente normal escapa de onde hai que pedir favores para que se cumplan as normas básicas da conviencia moderna. Se sumamos o que leva gastado esta corporación en paseos e plazas dende hai 15 anos para aquí creo que nos asustaríamos, ¿é os resultados favorecedores para fixar poboación e crecer, onde están?. E curioso, a dereita anos e anos exercendo a política da subvención pura e dura e non consegue xerar riqueza, "lóxico según a teoría económica", e eso que se consideran os mellores xestores, ¡eso debe ser en Madrid!. Pois eso, que fagan de Leiro enteiro un museo por que para outra cousa xa non vale. "sempre hai excepcións, da queima hai que sacar a Ernesto do cine", A verdade é que lle dá unha publicidad ó pobo que non a merece, non pega no entorno. Ese home noutro Concello sería valorado e apoiado como merece, pero ¿que se espera dun pueblo florero ou múseo?". Pois eso, que se visite unha vez na vida pero non te quedas nin a dormir.