O Alcalde de Maside confirma que Cepsa instalará unha planta de envasado de gas na antiga estación da Touza

12, Outubro 2011

O proxecto industrial que Cepsa instalará en terreos da antiga estación de ferrocarril de Maside, nas inmediacións da localidade da Touza "conta xa con todos os permisos que a regulamentación esixe, só falta un documento de urbanismo, que según me explicaon están a punto de lles entregar", asi o asegurou o Alcalde de Maside, Celso Fernández.

O proxecto, para o que Cepsa tramitou licenza municipal no pasado mes de marzo, consistirá na instalación dunha planta de envasado de gas licuado e do mesmo o Alcalde salientou que "creará postos de traballo tanto directos como indirectos, e ademáis quere decir que se abre unha ventá moi interesante porque se empresas como Cepsa tan importantes neste sector extratéxico veñen a Maside, pode ser unha oportunidade para que novas empresas pensen en Maside, e por ahí estamos traballando".

Celso Fernández desvelou no transcurso desta entrevista en COPE que as negociacións coa multinacional para que ubicase esta planta en Maside comezaron fai dous anos atrás "tratouse de levar como todas as cousas que poden ter moitas noivas, cando soubemos de esta posibilidade puxemonos en contacto con xente vencellada a esa actividade, e xa cando a idea calla e cando o facemos público, mentres mantivemolo calado".

PXOM E IGREXA DE SANTA COMBA

En relación o proceso de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o rexidor informou que nas últimas semanas mantiveronse dúas reunións có equipo redactor e que a idea e axilizar os traballos, de tal maneira que próximamente poida presentarse á veciñanza un adianto inicial do futuro regulamento urbanístico.

Finalmente, o Alcalde masidao confirmou que desde a pasada semana retomaronse as obras de restauración na igrexa parroquial de Santa Comba do Treboedo, tras o reformado do proxecto por parte de Patrimonio, que mantivo preto dun ano esta obra paralizada, agora as previsións "son a que esta actuación se faga en aproximadamente dous meses, asi que ahí a finais de novembro debería estar rematada", dixo.