O alcalde Manuel Prado pide á Xunta colaboración para mellorar o sistema hidráulico municipal

12, Xullo 2017

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio analizará a capacidade para colaborar co Concello de Beariz, co fin de mellorar o funcionamento e estado do sistema hidráulico municipal.

Este compromiso foi avanzado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao alcalde de Beariz, Manuel Prado López, co que mantivo unha reunión en Santiago.

Indicoulle que Augas de Galicia valorará as necesidades deste concello e analizará a posibilidade de establecer acordos de colaboración para mellorar as infraestruturas hidráulicas deste municipio.