O Arenteiro cae ante o Estradense (1-3) e descolgase dos postos de ascenso

29 Nov 2009
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas. O equipo segue sendo incapaz de dar unha alegría á sufrida parroquia carballiñesa, e eso que desta vez o Arenteiro púxose por diante no marcador grazas a un gol de Diego Soto e atá conseguíu irse ó descanso por diante no marcador. E incluso nos primeiros vinte minutos da reaunudación, o Arenteiro foi controlando o partido, aínda que os da Estrada, moito mellor posicionados no campo, xa avisaran da súa perigosidade en varias ocasións. Sen embargo, e despois de que Martín fallase cando tivo  a oportunidade de sentenciar o partido, todo se veu abaixo tras unha desgraciada xogada na que Valeiras marcou en propia meta e empatou o partido. A partir de entón, o Arenteiro desapareceu do partido e un Estradense con maior oficio aproveitou para gañar o partido con dous novos goles. Con este resultado, os da Estrada abren unha brecha de seis puntos sobre o Arenteiro, que descende atá o séptimo posto na táboa de clasificación.

Comentarios

ESTOU FLIPANDO CO DEBATE, OS

ESTOU FLIPANDO CO DEBATE, OS XOGADORES DE FAI SEIS ANOS BOTANLLE EN CARA Ó CARRIL, QUE FOI DIRECTIVO CON POUCA FORTUNA (É MAIS FACIL A TEORIA QUE A PRACTICA ¿VERDADE LOLO?), OS "DEFENSORES" DESTE MANDANLLE O MORTO ÓS XOGADORES DA ACTUAL PLANTILLA, E MENTRES TANTO NINGUEN FALA DE FUTBOL, SI SEÑOR, ESA É A MELLOR MANEIRA DE AXUDAR O NOSO CLUBE. POR ENCIMA DE TODO E DE TODOS, FORZA ARENTEIRO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Os xogadores téñense que

Os xogadores téñense que esquecer dos medios de comunicación e dedicarse a xogar, un xogador non lle debe de importar si un periodista esta na directiva si di iso ou di o outro, señores sexamos serios e deixémonos de pamplinadas. A min dende logo as desputas persoais non me interesan o máis mínimo, o que único que me importa de todo esto é o C.D. ARENTEIRO.

eu o que sei, e que ai que

eu o que sei, e que ai que falar menos e xogar maís, e tamén e doado botarlle as culpas os outros, cando as cousas van mal sempre e o que solemos facer. rapaces ai que mirar ven o que se fai e ter máis responsabilidade, o carril o unico que fai e decirbos a verdade, pero coma sempre, a verdade doe donde sempre fai daño, e niste caso e porque ten a razón, e e doado de mais botarlle as culpas a el do que vos facedes mal, pero onde se viu eso, ay que lle votar coraxe e deixarse de tanta tonteria. son unha aficionada, que vai cada domingo o futbol

E SE LEVAMOS 16 ANOS EN

E SE LEVAMOS 16 ANOS EN PREFERENTE ¿NON SERÁ QUE SOMOS UN EQUIPO DE PREFERENTE E NON DE 3ª? PORQUE TAMEN O ARENAS DE GETXO GAÑOU COPAS DO REI, PERO XA NON VIVE NINGUÉN QUE AS LEMBRE HAI QUE SER REALISTAS E TER PRESENTE QUE FAI SO CATRO ANOS ESTABAMOS MAIS PRETO DA 2ª REXIONAL QUE DA 3ª.

Lolo, na Uceira sí que

Lolo, na Uceira sí que falaches e falaches como directivo, non para aclarar ningún punto, e falo en primeira persona e teño testigos, polo menos 20 fácil, a plantilla...hai moitas cousas daquela época que foron a causa de moitos males posteriores (descenso, crise financieira, débeda,...), e que nunca se aclararon...non tendes unha capacidade obxectiva de crítica máis alá da crítica que se pode facer nunha taberna... A este outro foreiro que fala do proxecto a medio plazo, estou totalmente dacordo contigo, non se pode estar invertindo nunha escola de futbol para surtir de xogadores ó primeiro equipo e logo as directivas, nin entrenadores conten con eles...é vergonzoso.

Hola, son Jordy e hoxe me

Hola, son Jordy e hoxe me comentaron no entrenamento o que saíra neste foro; como parte integrante daquela plantilla dicir que efectivamente, Lolo aquel únicamente entrou no vestiario unha vez, ese día na Uceira, e faou como directivo. Outras veces estaba na secretaría ou despacho que hai en Espiñedo, non sei se como amigo ou como colaborador de Pelé...pero estar estaba, nunca o tivemos claro. Á plantilla si que nos molestaba que alí estivera daquela maneira e os lunes criticara a compañeiros ou a min mesmo, non o sei porque eu non escoitaba o programa, pero sí mo decían... Arriba Arenteiro que é o que conta, e non recordar o pasado, traballar para que o futuro sexa mellor, e na miña opinión, e como ex-xogador da escola e parte integrante ahora mismo, o futuro do Arenteiro e apostar por xente de aquí, que sae da escola e por un proxecto a 5 anos, non dun ano para outro como levo visto desde que teños uso de razón...

alguns non saben o que

alguns non saben o que queren, que si a titulo persoal, que si coma directivo, fose como fose, seguro que razón non lle faltaría, aquel plantel era ilusionante, todos do carballiño, pero, eses mesmos do carballiño se encargaron de que o soño durara menos que un telediario, unha boa parte de aqueles xogadores sempre se creeron o ombligo do mundo e resultou que logo chegou o mundo e merendounos a todos; esa e a verdade. Eu vivino de cerca e sei do que falo e non recordo ver nunca o carril entrar no vestiario cando estabamos dentro

Naquel plantel os que se

Naquel plantel os que se creían o ombligo do mundo eran os directivos, os xogadores sabiamos perfectamente o que había...e non creo que integraras a plantilla porque non dirías eso...aquel ano faltóuselle a moita xente, xente que defendera ó Arenteiro moito...

Amigo Jordi ¿e o meu proxecto

Amigo Jordi ¿e o meu proxecto de sufridor do Arenteiro tamén teño que facélo a cinco anos? Pois xa vou tendo unha idade, e xa se sabe...a este paso estou como "esperando a Godot", xa sabes o famoso perosoeiro da obra de Samuel Bequet, aquél que levaba toda a viada esperando...por nada...por ninguén.

Si ceesque no futbol se fai

Si ceesque no futbol se fai algo dun ano para outro nos tempos que corren, é millor que leas libros ca que sigas ó Arenteiro, porque eso é máis nsufirble que ser do Atleti¡¡¡¡, pero bueno, cada un pode ter a súa idea, a miña, coa falta de recursos económicos que hay, que unha cousa é ter un presuposto e outra cubrilo, non creo ver ó Arenteiro en terceira seguindo desta maneira...

os primeiros que teñen que

os primeiros que teñen que dimitir son o "presidente " que non ten nin idea do que o fútbol o iste que pensa que sabe de todo e non entende de nada "sr coordinador do Arenteiro"adolfo. para andar niste mundo do futbol primeiro hay que mamalo e xa me diredes vos canto tempo levan iste metidos istes (dous dias). que volvan os riveras, os lois, cartellaos.....ises si eran directivos de verdade. e xogadores mercenarios como os que viñero FORA XA .

Quero deixar claro que a

Quero deixar claro que a actual directiva non é do meu agrado pero hai que recoñecerlles o traballo e a dedicación que leva consigo o posto. Ahora, tamén é verdade, que ó presidente nunca se viu por Espiñedo antes de ser presidente. E ó Adolfo, paréceme, que lle gusta moito estar nos medios. Será que busca un lugar nas próximas listas dos partidos políticos que aspiran a governar o noso concello??? Eu creo que lle sobra protagonismo e, por outro lado, tamén chegou a Espiñedo fai 4 días. Tamén estou de acordo en que necesitamos outros directivos pero, mal por mal ( Pelé, Manoliño, Nacho, Taxista e algunha dama mais ) deixade que sigan estes.

Na miña opinión o que temos

Na miña opinión o que temos que facer no Carballiño é poñer os pes no chan e non partir sempre co mesmo conto, ano tras ano de ascender sempre; eso non se consegue dun ano para outro, hai que crear unha base con xente de aquí, rodeala dun home por liña que marque as diferencias e tratar de facer as cousas ben, nun proxecto de como mínimo 5 anos. Este ano, que termine Marquitos e os xogadores, TODOS, quedar no mellor posto e antes de que acabe a liga ter fichado a un entrenador novo, que coñeza a preferente, que coñeza os xogadores que poidan ser aproveitables do contorno, para eso debe a directiva pasar informes, e sentar as bases que comentaba no párraf anterior. Ah, e unha última cousa, apoiar incondicionalmente a ese plantel e non facer coma sempre aquí no Carballiño, que ás primeiras de cambio surxen entendidos de fútbol que todo lo saben y todo lo entienden, pero que non comprenden que o fútbol é un deporte de competición e non unha cuestión matemática. Neste último matiz inclúo ós comentariastas do programa, que ano tras ano sempre queren largar ó entrenador de turno e cando estiveron eles na directiva o único que fixeron foi colocar ó Carballiño no máis baixo da súa historia.

Os pes xa os temos no chan,

Os pes xa os temos no chan, pero no chan de preferente iso é o malo. E non estou de acordo en absoluto coa túa opinión, un equipo que ten o presuposto que ten hai que esixirlle o máximo, xa está ben de tanta condescendencia. Dis as primeiras de cambio, recordoche que iste entrenador xa leva aqui 1 e medio, xa non é as primeiras de cambio, e lonxe de mellorar cada vez imos a peor, porque eu non sei si ti soes ir por espiñedo, pero dende logo non xogan a nada de nada, parecen zombis deambulando polo campo. Isto necesita un cambio radical, porque siguindo así, creo que non imos facer absolutamente nada.

Sí é certo que leva ano e

Sí é certo que leva ano e pico como entrenador, pero o 70% da plantilla ou máis chegou este ano. En canto o do presuposto é anecdótico, porque poden decir que teñen 180.000€ para o ano e logo so consiguen 120.000€...ou olvidámonos da deuda que arrastran??? Si que vou por Espiñedo, e sí, estou dacordo que non mostran un patrón de xogo, algo que é difícil cando xornada tras xornada tes que inventarte un 11...sexamos obxectivos, cambiando ó adestrador, que trouxo á maior parte dos xogadores estes ou se irían ou correrían menos, e cambiando a todo o plantel...a quen pos a xogar? ó de mesego???

Si, pero iste ano a plantilla

Si, pero iste ano a plantilla diseñouna él, e mira os resultados, e non é precisamente barata que se diga. No refente o presuposto, home eu entendo que a xente que está na directiva será un pouco seria, ou é que botan as contas da leiteira, digo eu, entendo que terán que facer un estudio pormenorizado dos recursos e gastos, iso é un presuposto, e según ise presuposto, somos creo que o 1º ou segundo da categoría. Dis que se ten que inventar un once, amigo nunha tempada hai moitos percances que hai que ter, e iso conleva unha correcta planificación dunha plantilla, que o meu xuicio non se fixo. E para terminar dis que cambiando o entrenador, os xogadores non correrían tanto, bueno permíteme que me ria, iso xa pareceme de coña, un xogador debe dar todo o que ten independentemente de quen sexa o entrenador, vamos. No referente o de mesego, a min plin, que diga o que queira, é unha opinión como a túa ou a miña, nada máis.

eso non se conssigue dun ano

eso non se conssigue dun ano para outro? sonche tres lustros que andamos nestas, tres lustros e un ano. Ascender con xogadores do contorno? elogo estes non son do contorno? O Carballiño-Ourense están a un cuarto de hora, que eu saiba. Eso de que teñen que "ser do pobo" que se decia antes é un concepto un pouco anacronico e non tén moito sentido de ser nos tempos actuais. En canto os "comentaristas do programa" creo que deberías falar en singular, xa que ou estou equivocado ou o único que estivo na directiva foi o de Mesego.

Tres lustros? que queres

Tres lustros? que queres volver ós tempos no que o Arenteiro estaba na segunda B???, sexamos realista ohhh, está o Ourense na 3ª e daquela maneira, dónde pretendemos estar nós??? e sí, a base do equipo ten que ser do Carballiño, para iso se leva invertindo máis de 10 anos na Escola de Fútbol, para iso tivemos e temos xuvenís en Liga Galega, etc...si de cada xeración se quedaran 3 xogadores polo menos, que como mínimo por calidade hainos, en catro anos teríamos 12 xogadores, prácticamente o 50% do plantel, pagándolles na xusta medida e valorándoos como é debido...fíxose eso algunha vez??? hai 30 e 20 anos, na época de Teixidó por exemplo, cantos xogadores de aquí había??? E en canto ós comentaristas, preguntado de novo a xogadores que estiveron no seu día con eles, o Carril tamén baixaba ó vestiario e falaba coma un directivo máis...pero na sombra e para dar leña o lunes únicamente...

Eu, do Carril ese, ago sei.

Eu, do Carril ese, ago sei. Fora directivo ou non, exercía coma tal. Porque lle gusta manexar e ser o centro. Pensa que sabe mais que ninguén e non ten p...... idea. É moi facil poñer a parir a xente dende o micrófono. É un incendario no medio dunha gasolinera. Só busca plantalume. Nin é constructivo, nin é realista. Só un veneno. e coma él, o de Mesego.

Algun dia, valoraremos o que

Algun dia, valoraremos o que e ter uhn programa coma o tirachinas no carballiño, donde só se fala e defende o deporte do noso pobo ou acaso xa exquecestes como nos trataba a prensa da capital, sempre mirandonos por derriba do ombreiro e pouco menos que se foramos o irmán pobre da aldea, sacando sempre o peor e nunca valorando os nosos meritos. Isto, a dios gracias, ten mudado co lolo, discreparemos nas formas, pero estaremos de acordo en que, el sempre leva por bandeira o deporte local e comarcal. Que doado e matar o mensaxeiro niste pobo, donde sempre sera imposibel ser profeta, adiante, lolo e xa sabes, que mentres ladren nos cabalgamos.

Vamos sin ánimo de defender a

Vamos sin ánimo de defender a ninguén, porque tanto o Carril como o de Mesego como que tanto me ten, o que non podemos é botarlle a estes a culpa, señores son medios de comunicación dos cales teñen unha corrente de opinión, nada máis, eu non lles daría tanta importancia como lles estades dando algúns, o problema é que ano tras ano estamos gastando un montón de cartos para ter unhos resultados nefastos, iso é o verdadeirament6e importante, e que levamos 16 anos na preferente. E hai que respetar as opinións dos demáis nos gusten ou non. O que se trata ahora é de buscar solucións, e non acordarse do pasado, por que iso xa non vale para nada, que si un foi mal directivo, que si o outro non sei que...mirar para diante e atopar solucións, que aqui o importante é o clube.

Pues para ser la excepción q

Pues para ser la excepción q confirma la regla, yo le daría un voto de confianza al mister. Llevamos 1/3 de temporada y estamos en la pomada, y la cantidad d bajas q lastran al equipo en los ultimos partidos se nota mucho. No creo q debamos exigir el ascenso, pero si pelear por él hasta la ultima jornada, ya q hay muy buenos equipos q están a nuestra altura (barbadás, choco, estradense, arosa, etc...). Eso sí, creo q los proximos 3 o 4 partidos van a ser claves pq como no consigamos al menos entre 7 y 9 puntos si nos podemos descolgar. Respecto al partido del otro día, hasta el 70 estaba controlado y en una jugada se paso del 0-2 al 1-1 y el equipo se vino abajo. Si q comparto la critica d q el equipo no parece tener mentalidad para estar ahi arriba. Animo equipio y animo mister! Si acabamos la primera vuelta entre los 4 primeros yo creo q ... PODEMOS!

Tenemos un equipo de cristal,

Tenemos un equipo de cristal, a la mínima adversidad se vienen abajo, y para ser un grande de esta categoría a parte de tener clase, hay que disponer de fuerza mental. Aparte de lo anterior, tenemos unas lagunas espectaculares, la defensa un absoluto desastre. personificando, me duele porque es del pueblo pero Valeiras no tiene categoría para jugar en un equipo que quiera ascebder de preferente, en todo caso para un equipo de media tabla para abajo; no tiene ni idea de jugar el balón, es lento, nula colocación. Jorge, el colombiano, es un jugador de mucha más clase que el anterior, pero adolece de falta de calma, entra a lo loco y hace faltas absurdas, si corrige eses puntos es un jugador muy válido para el Arenteiro, yo diria más, un jugador de mayor categoría. Xurxo es un muy buen lateral, y Padín a mi lo que vi hasta ahora no me gusta. Otro punto en el que yo creo que flaqueamos es en la delantera, tenemos un kiler como Martín, y a Oli, que espero que tenga un rendimiento mayor, pero creo que hacía falta otro jugador más en esa línea, no tenemos a nadie por la izquierda. Y por último el mister, yo creo que hace tiempo que ya perdió el norte y al tiempo, pero yo creo que no va a dar reconducido la situación, le veo con falta de argumentos, lleva ya un año medio y seguimos cayendo en los mismos errores, falta de ideas, de patrón de juego, falta de contundencia, el equipo juega con las líneas muy separadas, y lo más importante, falta un modelo, pero eso ya a nivel de club, creo que se sobrevalora siempre a determinados jugadores, y estoy de acuerdo con lo que dijo un forero anteriormente, sobra mucha prepotencia, no se respetan a los rivales, y cuando no hay humildad, suele ser el principio del fin, nos temos que olvidar de quién somos y mirar a los rivales de igual, y no por encima del hombro, porque después pasa lo que pasa...y lo más curioso del tema es que ya llevamos varios años con la misma cantinela y no aprendemos. Espero que algún día cambie.

Xa está ben. Moito nome para

Xa está ben. Moito nome para Marquitos pero poucos resultados. E ten un equipiño que xa quixeran moitos. Hai que buscar outro adestrador xa!!!!!! que poñan Mindo ou que chamen a Ramon pero este non pode seguir unha semana mais.

Todos os anos coa mesma

Todos os anos coa mesma romería, algunha tempada daremos dunha vez un puñetazo na mesa e poñeremos os puntos sobre as ies. Creo que temos todos que ser moito máis humildes, e creo que sobre moita PREPOTENCIA. Mirade, amargura e o sentir da afección carballiñesa...e non o digo so por min.

Algo de mala sorte, pode que

Algo de mala sorte, pode que sí, pero na útlma media hora o Estradense foi inmensamente superior, non se lle pode poñer ningún pero a súa victoria. Ainda queda moita liga, pero un equipo que perde catro partidos seguidos na casa non pode aspirar a nada, boeno, sí, a salvar a categoria e pouco maís. Así non se lle gana o Nogueira de Ramúín.

MARQUITOS DIMISIÓN XA, a

MARQUITOS DIMISIÓN XA, a última media hora é sencillemente vergonzosa, temos unha defensa de verbena. ata cando esta pandonima??. Ou se toman medidas ou isto vaise o garete...