O Arenteiro cambeou Espiñedo pola Uceira, para perder ante o Caselas (0-2)

15 Nov 2009
Campo da Uceira
O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2. O mal estado no que se atopaba o terreo de xogo do campo de Espiñedo, onde tería que xogarse o encontro, levou a directiva do club a adoptar esta decisión na mesma mañá do domingo, e despois de comprobar a gran cantidade de auga que se acumulaba no terreo de xogo de Espiñedo, que parecía maís unha piscina que un campo de fútbol. Por este motivo, o encontro trasladouse o novo campo de herba artificial da Uceira, onde malia as fortes e continuas chuvias caídas no Carballiño durante toda a fin de semana, pudo celebrarse o partido con absoluta normalidade. O bó estado no que se atopaba o moderno terreo de xogo da Uceira sorprendeu e mesmo recolleu os eloxios dos aproximadamente 150 afeccionados que desafiando a desapacible tarde achegaronse a presenciar o encontro. A magoa, o resultado, novamente adverso para un Arenteiro empeñado en perder na casa o que gaña fora. A victoria visitante fraguouse na primeira media hora de partido, xa que o Caselas saíu máis metido no encontro ca un Arenteiro que non espabilou atá os últimos dez minutos da primeira parte. Xa na segunda metade, o partido foi practicamente un monólogo verde, con atá media ducia de ocasións fallidas ante a meta do Caselas, que conseguiría o seu segundo gol xa no minuto 90. O resultado, desta vez, pudo ser atá algo inxusto se se quere, pero tamèn é certo  que o equipo que non é capaz de facer gol tampouco merece gañar un partido. En definitiva, terceira derrota nesta liga do Arenteiro, e as tres como local, que deixan os carballiñeses en terceira posicicón na clasificación, a dous puntos do Estradense, segundo calsificado, e a cinco do líder Porriño Industrial e próximo rival do Arenteiro no desplazamento do vindeiro domingo.

Comentarios

A ver amigo Adolfo,

A ver amigo Adolfo, (coordinador de C.D. Arenteiro) vaia por diante o meu respeto a xente que está na directiva, pero ise discurso que diches hoxe xa é moi vello. Agarraste a cantinela de que imos de 3º, pero non te das conta que con iste equipo xogando así non imos quedar nin nos dez primeiros...eu esta película xa a vin en anos anteriores, e non digo que haxa que ser impacientes, pero un tio que leva ano e medio no Arenteiro e o equipo en vez de mellorar empeora, que carallo agardamos??. Ah si a que veña o Papá Noel e nos de o ascenso pola cara...En fin, o tempo pon a cada un no seu sitio, e me temo que o Arenteiro vai quedar no meso sitio que nos últimos 16 anos

Totamente dacordo, e engado,

Totamente dacordo, e engado, "non hai pior cego co que non quere ver", a veces hai que tomar decisións dolorosas porque polo medio está a amistade e a relación persoal, pero non queda outra. E hai que tomalas a tempo, porque a destempo xa pouco importa. E eu tamén suscribo o meu absoluto respeto o traballo desta directiva, empezando por Adolfo, desde logo que merece moita mellor sorte pero, xa se sabe, "a sorte tamén hai que buscala". A este paso, ou fallan os demáis, ou polo nadal estamos descolgados do ascenso.

Acabo de ler na región unhas

Acabo de ler na región unhas declaracións do mister nas que dí sen cortarse un pelo que "este foi o mellor partido do Arenteiro na casa", referindose o "partidazo" ante o Caselas. A ver Marquitos ¿pero que te crees? ¿qué no Carballiño somos tontos ou qué? será que vimos dous partidos distintos, porque se este é o Arenteiro que queres, mellor será agradecerche os servizos prestados, porque se realmente estás satisfeito por perder 0-2 ante ún dos peores equipos que pasou polo Carballiño desde que estás tí aquí, apaga e vámonos. Se é asi, agradecese a túa sinceridade, e desde logo que a partir de aquí a culpa non é túa.

Pero que bo partido

Pero que bo partido fixemos??...ocasións o que se din claras, claras, nin a primeira, en todo caso chegadas, aproximacións máis ou menos claras, e si iso é xogar ben...apaga e vámonos...

Alarma total, un equipo que

Alarma total, un equipo que aspira a ascender non pode perder no seu campo 11 puntos de 12 posibles, estos son os peores números do Arenteiro das últimas temporadas, algo incomprensible nun equipo que tén o meu xuizo a mellor plantilla dos últimos anos, ainda que algo corta, e calquera pode ver que con algunhas carencias na dianteira, polo menos nos partidos da casa. >>Certo é que no partido da Uceira xeraronse moitas ocasións de gol pero creo que pdiamos estar xogando outras dúas horas que non se marca un gol nin a unha portería de ruby. Insisto, falta un dianteiro que teña algo de gol, porque tanto Martín como Oliveira como o lesionado Nicol son bós xogadores pero un equipo que queira subir tén que facer goles con maís facilidade, e por suposto, evitar que che rouben a carteira continuamente no centro do campo, porque chegaron os dous goles do Caselas.

Totalmente de acordo. Sigo

Totalmente de acordo. Sigo pensando que para ascender fan falta 3 xogadores máis, un central, xa que Valeiras é moi malo, un tio no centro de campo que mova o equipo e distribuia, e un tío arriba, que lle de respiro a Martín e poida caer a banda, xa que non temos un extremo esquerdo de garantías. Con iste equipo non subimos nin de coña. Ah e por certo, tamén cambiar de trainer, iste xa fai tempo que perdeu o norte...non sabe nin por onde anada

O único que intentou xogar ó

O único que intentou xogar ó ataque neste pueblo foi Ramon o que pasa e que tiña uns torcebotas de xogadores por non falar dos directivos que había daquela. Con estes xogadores si que se poderia ver futbol ofensivo con Ramon e creo que mellores resultados. Que volva Ramon!!!!!!!!!!!!!!! o q pasa é que sempre son mellores os de fora e despois nunca se lles esixe coma os de aqui.

Non sei de qué te sorprendes

Non sei de qué te sorprendes a esta alturas descubrindo que este adestrador non é o que necesita o Arenteiro, eso xa se víu o ano pasado, pero alguén está cegado con esta situación e parece que non ten intención de ractificar, xa antes de chegar o equipo se nos decía que este sería o gran merlo branco, e despois de 50 partidos demostrando moi pouco aínda non caemos da burra. E para traer a esteos tristes (primeiro Barreiro de despois Marquitos) botamos a Chuchi Hidalgo, que foi o mellor adestrador que pasou polo Arenteiro nos últimos anos.. Pero tranquilos e sobre todo paciencia... que cando sexa tarde e xa non haxa remedio buascaránse alternativas... e o final, de sextos, na uefa...outro éxito...

Di o refrán, que o home é o

Di o refrán, que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra, e que razón ten, neste caso dúas, tres, catro...etc..e seguiremos erre que erre, outro ano máis na prefrerente...c´est la vie, como diria un parisino.