O Arenteiro confirma a fichaxe de Renan Zanelli. O centrocampista brasileño xa estivo en Espiñedo vendo ao seu novo equipo ante o Lugo B

3, Outubro 2020

O acordo era xa practicamente total entre o club e o futbolista brasileño e os últimos flecos resolveronse tras presenciar Renan Zanelli o amigable do Arenteiro e o Lugo B, que rematou sen goles. O contrastado centrocampista era dende fai semanas o obxetivo do club de Espiñedo para completar o plantel para esta tempada.

Renan foi un dos xogadores importantes das últimas tempadas do Ourense CF, e finalmente, decidíuse pola oferta do Arenteiro, asinando o seu contrato esta mesma tarde.

O xa novo xogador do Arenteiro estivo en Espiñedo vendo aos seus novos compañeiros, no terceiro amigable que xogan os verdes en apenas 7 dias, tras os partidos ante Compostela e Celta B, neste terceiro ante os lucenses o equipo xa acusou a carga de traballo que vai acumulando nesta pretempada, nun partido moi trabado e sen apenas ocasións por ambos bandos, tan so un remate de cabeza do local Adrián Presas que petou no longueiro.

O Mércores dia 7 novo partido ante o Arzúa

Será novamente no Estadio de Espiñedo, o próximo mércores dia 7 ás 19 horas, o Arenteiro xogará un novo partido de preparación ante o equipo revelación a pasada tempada na terceira división, o Arzúa.