O Arenteiro da un gran paso adiante vencendo ao Lugo en Espiñedo, 2-1.

Tres puntos de ouro que alonxan fantasmas e dan un golpe de moral a un Arenteiro ao que resistíaselle o triunfo nos últimos meses, e pudo celebrálo ante a súa afección que, unha vez máis abarrotou Espiñedo, arredor das 2.000 persoas.
Os dous equipos sabían ben o que se xogaban, e proba delo foi o férreo control defensivo durante unha primeira parte na que practicamente non pasou nada. Pero á volta de vestiarios, en tan so 9 minutos, o Arenteiro deixou moi ben encarrilado o partido, minutos 46 e 54, con goles de Pascu e Ferreiro. No m. 81 un gol en propia meta de Borge levou o suspense ao graderío, pero o marcador xa non se movería, incluidos os 7 minutos de engadido decretados polo colexiado.
O Arenteiro repetirá o próximo sábado (18:00 horas) como local ante o Zamora, un partido no que os verdes no caso de gañar poden deixar practicamente asegurada a permanencia un ano máis na Primeira RFEF.
VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=ek5M1GaRCtA
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cdlugo/2025/04/27/arenteiro-sobrev...