O Arenteiro dálle a O Carballiño a única alegria desta semana negra do coronavirus, gañando ao Arousa en Vilagarcía

18, Outubro 2020

Os verdes fixeron un gran partido no seu debút no campionato de liga de terceira división derrotando ao Arousa no estadio da Lomba de Vilagarcía por 0-1,un marcador curto para os méritos do Arenteiro. Porque o equipo do Carballiño foi o único que dispuxo de varias ocasións claras para lograr un resultado favorable máis amplo ao final dos 98 minutos que durou o partido.

O Arousa tan so foi capaz de dar algunha sensación de perigo a balón parado, e o gardameta Diego García non pasou por ningunha situación de apuro, mentres que o Arenteiro sí que tivo oportunidades de marcar máis goles. Na primeira parte nun balón que se paseou por diante da portería de Táboas sen que por pouco chegase algún dianteiro verde, e sobre todo, tras un enorme xogadón persoal de Victor Eimil que despois de sortear a canto xogador arlequinado lle saíu ao paso cruzou o balón un pouco en exceso cando parecía que chegaba o segundo gol do Arenteiro. E na segunda parte outro par de claras ocasións, sobre todo unha tras un centro de Rubén Arce que rematou de cabeza Naveira e que se foi fora por pouco. Pero sí que, aínda no primeiro periodo Marquitos -sensacional toda a tarde- acertou a batir cunha volea perfecta ao gardameta local, tras un balón largo enviado dende a área carballiñesa por Diego García.

Alegría para a afección verde nesta semana negra na evolución da pandemia no Carballiño e comarca,sumando os tres primeiros puntos cunha victoria de prestixio ante un dos aspirantes ao play off, como é o Arousa SC.

Para ver a ficha do partido, preme na ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...