O Arenteiro obrigado a xogar ante o Ourense en Barbantes, debido á situación epidemiolóxica do Carballiño. O partido será a porta pechada e televisado polas redes sociais do club.

23, Outubro 2020

O partido correspondente á segunda xornada da liga en terceira división non pode xogarse en Espiñedo polas restricións que afectan a O Carballiño, e desta maneira Xunta e RFFG autorizaron a súa celebración no campo da Regueiriña de Barbantes, dende as 16:30 horas deste domingo 25 de Outubro.

Ao estar restrinxida a mobilidade para os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, o partido xogaráse finalmente sen público, a porta pechada, aínda que todos os afeccionados verdes poderán seguilo en directo con sinal televisada polas redes sociais de Club Deportivo Arenteiro.

No aspecto deportivo, o Arenteiro chega a este partido despois do seu brillante debut ligueiro do pasado domingo en Vilagarcia, onde conseguiu sumar os tres primeiros puntos ante o Arousa. Tras esta semana de adestramentos, os últimos 3 no campo do Lodairo de Cea, por non poder facélo na Uceira, o equipo non presenta novidades, xa que moi probablemente Fran Justo tampouco poderá contar para este partido con Mariña, Joni e Sylla, que continúan recuperandose. Si que poderá xa entrar na convocatoria Renan Zanelli, unha vez que cumpriu a sanción dun partido que tiña pendiente.