O Arenteiro perde a oportunidade de engancharse ó ascenso ó perder de penalti en Portonovo (1-0)

21 Mar 2010
Dúas penas máximas decidiron o signo do partido, unha en cada área. A primeira cando se xogaba o minuto 35 da primeira parte, man dun defensor do Arenteiro que aprobeitaba o Portonovo para adiantarse no marcador, tras transformar o penalti, raso e pola parte dereita da portería de Iván, que a punto estivo de tocar balón. A segunda vez que o árbitro sinalaba os once metros era a favor do Arenteiro, por un claro derrubo a Nicol, pero Martín fallou, ou mellor dito, se se quere, o porteiro portonovense acertou a desviar o tiro de Martiín, moi axustado ó pau dereito pero tamèn moi flouxo. Corría o minuto 17 do segundo periodo, e foi  a xogada clave que pudo cambear o rumbo do partido, xa que aínda quedaba media hora de partido e o Arenteiro non o estaba facendo mal desde a reanudación. O Arenteiro ofreceu dúas caras moi distintas neste partido, durante a primeira parte de xogo gris e co equipo moi metido atrás, se ben salvo o penalti, o Portonovo non creou ocasións claras de gol. E unha segunda cara, na segunda parte, máis ambicioso e mellor asentado no terreo de xogo do campo de Baltar. Despois de fallar o penalti, os carballiñeses viñeronse outra vez abaixo por varios minutos, o que propiciou as oportunidades do Portonovo, mentres que o último cuarto de hora o Arenteiro recuperou o equilibrio perdido no centro do campo e volveu intentar ír polo partido, pero xa foi un querer e non poder.

Comentarios

Ata cando os socios do

Ata cando os socios do Arenteiro temos que aguantar...BASTA XA, algúns estamos cansos de que tanto unhos (directiva), coma outros (xogadores e cia), deixen a imaxe dun clube histórico como é C.D. ARENTEIRO, o deixen polo chan. A éstes tíñanlle que explicar, porque aínda non o saben, onde están metidos. É unha auténtica pena que sempre sexamos noticia pola parte negativa...

Unha vergonza...perder o

Unha vergonza...perder o ascenso polo mal xogo duns, a cabezonería do adestrador en seguir no seu posto erre que erre e a pasividade da xunta directiva que se cruza de brazos ante tamaña sorte de despropósitos....¡¡¡¡¡¡¡¡¡DIMISIÓNS XA!!!!!!!!!

Sres. Directivos os xogadores

Sres. Directivos os xogadores de C.D. Arenteiro a pesares de NON COBRAR,(non cobran porque vostedes os enganan tempada tras tempada) dan a cara e xogan os partidos, e vostedes seguen a contarlle MILONGAS como o dos "pagarés",e o tempo nos vai a decir como acaba toda esta película (tempada). Eu dende logo NON ME FIARIA DE VOSTEDES, a sua credivilidade deixa moito que desexar e ven o teñen demostrado, moitas palabras e poucos, moi poucos feitos,isto é PENOSO, LAMENTABLE, BOCHORNOSO....

sr.carril, o futbol saa tamen

sr.carril, o futbol saa tamen existe no Carballiño, e con máis categoría co futbol, grazas.

q ten que ver o fútbol co

q ten que ver o fútbol co futbol sala???? que é eso de máis categoría.......???????? categoría amosas moi pouca ti falando nese termos.