O Arenteiro suspende o seu partido en Porriño, ante a avalancha de baixas

21 Nov 2009
A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño. Atá catorce baixas no parte médico das últimas horas obrigou o equipo carballiñés a solicitar ante o Porriño e a Federación Galega de Fútbol a suspensión deste encontro correspondente á 13ª xornada do campionato ligueiro, que queda pendiente de nova data para a súa desputa.

Comentarios

E que me decides do tema:

E que me decides do tema: seica "alguen" do clube "empuxou" a 3 xogadores a pedi-la baixa médica ( sin motvo) para xustificar a suspension do partido. E seica un non quixo entrar nese xogo pero o resto sí. Inda haberá quen diga que é de listos oque fixeron. E unha vergonza.

Fixeron ben, si teñen moitos

Fixeron ben, si teñen moitos lesionados as posibilidades de gañar na casa do lider serían nulas...

"empuxar" siñifica "obrigar"

"empuxar" siñifica "obrigar" ou "animar", porque a diferencia de matiz é importante. Sinceramente non creo que empurrasen a niguén, e se "animaron" non me parce mal. ¿qué propós entón? xogar con coxos ¿ou qué? ademáis, xa explicaron hoxe no progrma do Lolo que non se pode xogar un partido con máis de catro xogadores do filial, asi que non vexas bruxas onde seguramente non as hai, e se as bruxas son para axudarnos pois xa sabes que "Deus é bó e o demo non é malo", asi que de vergonza ¿porqué?

Esperemos que todos se

Esperemos que todos se recuperen y que sea el inicio de un futuro lleno de éxitos, tantos como el ansiado ascenso, porque ya está bien de tanto esperar. Carballiño no se merece un equipo en estas categorías, como mínimo en 3ª división, pero creo que por historia (tanto del equipo como de la villa) merece una 2ª división B. ¡Qué tiempos aquellos de finales de los 80 con nuestro Arenteiro en 2ªB y disputando copas del Rey como el Alcorcón, que está de moda! Tengo envidia sana de Puertollano, Talavera de la Reina, San Roque, Águilas, Torrelavega, Miranda de Ebro, .... y tantas otras, que presumen de un equipo en estas categorías. Desde la Comunidad de Madrid, con cariño para los carballineses y cuantos visitan esta página, un cordial saludo. CESÁREO ALONSO calonso64@gmail.com

De momento hai que ser

De momento hai que ser realistas, e ter o s pes no chan, asi que o máis inmediato é gañarlle ó Estradense, que sería volver ilusionarnos, xa que os resultados de hoxe non foron malos, en canto a rivais directos, caso do propio Estradense que empatou na casa co Ribadumia ou o Barbadás que perdeu en Portonovo, ollo a este Portonovo que parece que colleu a directa. Que pena o do domingo pasado co Caselas, impordonable, estariaamos agora de segundos e cun partido menos. Pero como din por ahí "detrás do que xa foi non se pode ír".

Ise é o problema, de perder

Ise é o problema, de perder puntos con equipos chorras, eu non confio niste equipo para nada, paréceme unha plantilla que lle faltan xogadores, oxalá me equivoque, pero ó final non imos estar loitando polos postos de ascenso. os que si van estar son o estradense (máxmo favorito), portonovo Barbadás e Porriño, os demáis a velas vir.

O Estradense máximo favorito?

O Estradense máximo favorito? sobre o papel pode que sí, kpero á realidade é que perden na casa cun recén ascendido, O Rápido Bahia, e non lle dan gañado na casa nin o Ribadumia(empatan cando pasaban 5 minutos) nin o Sanxenxo, nin o Covadonga, xa ves, tres auténticas locomotoras. E a maionria do resto dos partidos gañannos pedindo a hora, como o dia do Marín na casa. O Barbadás deste ano é un equipo prrevisible e ramplón, e o Porriño de momento unha incognita, porque de momneto solo xogou co Estradense. Para min, o Portonovo é dos máis solventes, aínda que empezou mal, igual que o Arenteiro, que se é capaz de gañar os partidos de Espiñedo será candidato ó ascenso, eso sí, non podemos perder outro partido na casa. Se fose asi, aposto por Portonovo e Arenteiro para o ascenso, e xa non che digo nada se tivesemos un adestrador cunha ideas un poouco maís claras.