O BNG de Boborás denuncia a falla de talante democrático do alcalde Cipriano Caamaño

27 Jul 2010

O Grupo Municipal do BNG de Boborás presentouse nas dependencias municipais co obxecto de estudiar en profundidade os nove expedientes relativos as adxudicacións das obras subvencionadas a través do Plan E. A través dunha resolución dictada polo alcalde Cipriano Caamaño permitirase o acceso a antecedentes, datos e informacións que obren en poder dos servicios da Corporación en relación coas obras do Plan para o Fomento do Empleo e a Sostenibilidade Local 2010, así como a consulta do expediente de contratación das referidas obras que nunca son concedidas ás empresas e empresarios do concello.O Grupo Municipal do BNG poderá, polo tanto, revisar a documentación nas dependencias municipais o día 30 de xullo entre as 9:00 e 9:15 horas. Un total de quince minutos que fai aumentar aínda máis as sospeitas das posibles irregularidades. Diante deste novo atropelo o BNG anuncia que "o día 30 deste mes non se presentará nas dependencias municipais e reserva presentar accións legais en contra deste boicot".

Comentarios

Canto conto teñen os do

Canto conto teñen os do BNG!!! Si non se presentan senón porque non lles interesa ver que todo estará perfectamente.

Colleron medo co do das

Colleron medo co do das dietas! Cando foron a enterarse das dietas que cobraba o alcalde e viron que non había cobrado en tres anos.jajajaja. Non me extraña que non queran ir.