O BNG elixe a Luis Pérez "Ficol" como responsable do novo consello comarcal do Ribeiro

4, Abril 2016

O concelleiro do BNG en Leiro e "histórico" militante nacionalista Luis Pérez "Ficol" foi nomeado como responsable do novo consello comarcal do Bloque Nacionalista Galego do Ribeiro. Ademáis, tamén exercerá como coordenador de comunicación.

Cristalina Álvarez Olleros será a Vice Responsable comarcal, e ocuparáse da área do agro e medio ambiente.

Como secretaria de organización actuará Ana Isabel Paz Villar, mentres que das finanzas ocuparáse Yolanda Rodríguez.

A responsabilidade de acción municipal recaeu en Xacobe García.

Claudio M. Vázquez é o novo responsable de Galiza Nova no Ribeiro, e tamén da área de cultura e turismo.

Completan o novo consello comarcal do BNG, Miriam Rodríguez, en acción feminista; Xosé Sánchez, en formación; e Adriana Rojo, en novas tecnoloxías.

Nunha próxima reunión incorporaránse a este consello comarcal ribeirán os responsables locais de cada un dos 10 concellos ca comarca.